Selección de fútbol de Polonia
| Polonia | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
|
|||
| Asociación | Polski Związek Piłki Nożnej | ||
| Confederación | UEFA (Europa) | ||
| Código FIFA | POL | ||
| Alcume | Białe Orły (aguias brancas) | ||
| Ranking FIFA | 66 (23 de novembro de 2011) | ||
| Seleccionador | |||
| Máis partidos | Michał Żewłakow (102) | ||
| Máximo goleador | Włodzimierz Lubański (48) | ||
| Estrea internacional Hungría |
|||
| Maior vitoria Polonia Kielce, Polonia; 1 de abril de 2009 |
|||
| Maior derrota Dinamarca |
|||
| Campionato do Mundo | |||
| Participacións | 7 (Francia 1938) | ||
| Mellor resultado | 3º (2) (1974 e 1982) | ||
| Eurocopa | |||
| Participacións | 1 (Austría/Suíza 2008) | ||
| Mellor resultado | 14º (2008) | ||
A Selección de fútbol de Polonia (en polaco: Reprezentacja Polski w piłce nożnej), dependente da Polski Związek Piłki Nożnej, é o equipo que representa en competicións internacionais á Polonia.
A selección polaca de fútbol tivo unha época dourada entre as décadas de 1970 e 1980, cando alcanzou o terceiro posto no Mundial de Alemaña 1974 e de España 1982, e unha respectable quinta posición en Arxentina 1978. Tamén obtivo medallas nas súas participacións olímpicas: o ouro en Múnic 1972 e a prata en Montreal 1976 e Barcelona 1992.
En canto á Eurocopa, até o momento tan só logrou clasificarse para unha fase final, a de 2008, onde non pasou da primeira rolda. Na edición de 2012 partícipou como co-organizador xunto a Ucraína, aínda que de novo sen pasar da primeira rolda.