Paseo marítimo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′54″N 8°24′00″O / 43.3817, -8.39999

Paseo marítimo da Coruña
Paseo pola zona do Parrote
Tipoloxíapaseo marítimo
Titular da víaConcello da Coruña, Porto da Coruña
Dimensións
Lonxitude15,05 km
Localización
InicioOza, Avenida da Mariña
FinBens, O Portiño
LocalidadeA Coruña
Cómo chegar
Bus
TaxiAvenida de Navarra, Porta Real
BiciBicicoruña
Circulación
Velocidade máxima50 km/h
Construción
Comezo1990
Completadoinconcluso
Outros datos
Nomes alternativosO Portiño
Rúa Vítimas do Terrorismo
Av. de Fernando Suárez García
Av. de Gerardo Porto
Av. de San Roque de Fóra
Paseo de Ronda
Av. de Bos Aires
Av. de Pedro Barrié de la Maza
Rúa do Matadoiro
Pso. Alcalde Francisco Vázquez
Paseo do Parrote

O paseo marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa[1], con aproximadamente 15,05 quilómetros continuos á beira do mar. É unha obra feita por tramos, modificada e inconclusa.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do océano Atlántico.

Historia[editar | editar a fonte]

Paseo marítimo da Coruña.

As orixes do actual paseo marítimo están nos proxectos de principios do século XX dun paseo, vía de circunvalación da península coruñesa[2]. No Plan Cort de 1945 propúñase unha estrada dende San Roque pola costa pasando pola Torre de Hércules ata o porto, mais non se chegou a realizar este proxecto. En 1948 no Planeamento de Aliñacións volve falarse deste proxecto. En 1956, xa en vigor a Lei do Solo, apróbase o Plan Xeral de 1967 concretando un vial sen prioridade peonil. O Plan de Ordenación Urbana de 1985 fixaba plans de protección, conservación e mellora na zona do actual paseo. En 1986 presentouse o coñecido como "proxecto Bofill"[3] baseado principalmente en intervencións na zona portuaria. Propostas moitas das cales foron rexeitadas por seren demasiado rompedoras coa estética da cidade.[4][5]

O paseo foi construído polo Porto da Coruña, o Concello da Coruña, a Demarcación de Costas do Estado e a Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Obras Públicas e Medio Ambiente (Ministerio de Fomento)

O paseo construíuse por partes inconexas entre elas. Cronoloxicamente as sucesivas fases foron:

  • Paseo marítimo Orzán-Riazor, foi construído polo concello da Coruña e o Ministerio de Fomento. Tivo un orzamento de 1 240 millóns de pesetas pagadas ao 50% por cada institución.[6] A primeira pedra foi colocada polo ministro Javier Sáenz de Cosculluela o 10 de setembro de 1990 e a inauguración tivo lugar o 14 de xullo de 1992 coa presenza do ministro Josep Borrell.[7]
  • Zona do Parrote, construído polo Porto da Coruña.
  • Orillamar (ligazón Orzán-Riazor co Parrote) cun custo de 3 094 millóns de pesetas. Construído polo concello, Dirección Xeral de Estradas e a Dirección Xeral de Costas. O concello puxo 1  32 millóns de pesetas, terreos e a xestión das expropiacións. Os restantes cartos foron achegados polas outras institucións. A obra comezou en 1993 e a inauguración foi o 26 de febreiro de 1996.[6][8]
  • Oza-Os Castros, construído polo porto da Coruña xunto coa praia de Oza.
  • San Roque de Fóra, inaugurado o 8 de maio de 1995,[8] financiado cos plans FEDER da Unión Europea e o propio concello.
  • San Roque ao Portiño, inaugurado en 2004.[6]
  • O último tramo une O Portiño e Bens, onde se chegou en 2011.[6][7]

O paseo percorre así toda a faixa costeira do concello exceptuando as zonas das Xubias e a zona portuaria.

Hodonimia[editar | editar a fonte]

O paseo entre a praia de Berbiriana e a avenida de Rubine está dedicado a Pedro Barrié de la Maza e a continuación comeza a avenida de Bos Aires,[9] que recibiu o nome por unha petición de emigrantes galegos, despois de que a capital arxentina dedicase unha rúa a Concepción Arenal.[10]

En 2006 bautizouse o tramo entre Berbiriana e o Parrote co nome do exalcalde Francisco Vázquez.[11] O tramo que rodea o Millenium recibe o nome do seu autor, Gerardo Porto, dende 2010,[12] e o tramo entre Os Rosales e O Portiño denomínase dende 2012 Fernando Suárez como honra ao administrador da Cociña Económica.[13]

A parte entre Riazor e a avenida de Gerardo Porto é a avenida de San Roque de Fóra.[14]

Puntos de interese[editar | editar a fonte]

Paseo marítimo.

Partindo da zona occidental, no límite costeiro con Arteixo, o paseo marítimo conecta moitos elementos destacados:

Ademais, o paseo serve de acceso ás principais praias coruñesas.

Características[editar | editar a fonte]

Deseño do paseo na zona Orzán-Riazor.
Farois do paseo.

O Paseo pode dividirse pola súa estética en varios tramos:

  • Do límite con Arteixo ao Portiño. Zona peonil inconclusa. É a zona costeira do concello máis afastada e menos urbanizada.
  • Do Portiño ao Ascensor panorámico do Monte de San Pedro, a calzada para os vehículos, que está lastrada, segrégase da beirarrúa. Trátase do tramo máis novo, que percorre as zonas menos urbanizadas da costa coruñesa.
  • Avenidas de Fernando Suárez García, Gerardo Porto, San Roque de Fóra e Paseo de Ronda: Do Ascensor ao Pazo dos Deportes de Riazor a calzada ten xeralmente dous carrís por sentido e dispón de carril bici.
  • Avenidas de Buenos Aires e Pedro Barrié de la Maza e Rúa do Matadoiro: Do Pavillón ao Aquarium Finisterrae a calzada mantén os catro carrís e dende 2012 ten carril bici.[17] Aquí comeza o tranvía, que nun primeiro momento está separado do tráfico regular, pero que despois se une a el. Neste tramo fíxose a primeira substitución da coñecida e polémica balaustrada, que foi trocada por escaleiras e unha cerca metálica. Ten unhas características luminarias brancas, con lámpada esférica.
  • Avenida do Alcalde Francisco Vázquez: Do Acuario ao Castelo é quizais o tramo máis coñecido, pois é o que dá acceso á Torre de Hércules. A calzada é de catro carrís en total. Recupera o carril bici e continúa o tranvía. Son salientables as súas 1300 farolas vermellas, de estilo século XIX con esmaltes a media altura realizados pola artista Julia Ares.[18] Algunhas destas farolas foron retiradas dentro do plan de protección da muralla.[19]
  • Tramo do Parrote da Avenida do Alcalde Francisco Vázquez: Do Castelo ao Parrote a calzada pasa a ter un carril por sentido, e continúa o carril bici. A construción dun túnel e un aparcadoiro subterráneo na zona suprimiu parcialmente o tráfico rodado en superficie.[20]
  • Zona de Oza, Praia de Oza nas Xubias. Zona de náutica deportiva e lugar de lecer.

O paseo marítimo dende a súa inauguración foise adaptando e modificando segundo os usos que a cidade lle foi dando ás infraestruturas. Así o tranvía turístico nun principio con percorrido dende o Parrote ata Riazor quedou en 2014 limitado ao traxecto dende a Torre de Hércules cara a Riazor polo seu pouco uso e os custos que supoñía[21]. Tamén o propio paseo e o mobiliario del foron trocados. Tódolos invernos as praias de Riazor e Orzán eran protexidas das ondas facendo coa area montóns a xeito de rompe ondas, mais nalgúns casos parte do mobiliario do paseo foi esnaquizado polas ondas[22]. En 2015 foron retirados os farois sobre os valados. Parte destes valados de pedra foron trocados por outros en aceiro inoxidable e na zona de Riazor chegáronse a quitar deixando o acceso á praia limpo de obstáculos[23].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coruña Turismo. O informador. «Paseo marítimo».
  2. «El Paseo Marítimo de A Coruña, triunfador de los nuevos parques urbanos de Borde» Luis Alfonso Escudero Gómez. Almería, Universidade de Almería, Servicio de Publicaciones, 2002.
  3. El proyecto de Bofill sobre el paseo marítimo cambiará la fisonomía de La Coruña
  4. "El proyecto Bofill de 1986 acabó siendo desechado por su estilo mediterráneo". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016. 
  5. "Proyecto Bofill: La falacia mar-ciudad" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Gutiérrez, José Manuel (25-7-2012). "Veinte años de paseo en la ensenada". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 28-12-2017. 
  7. 7,0 7,1 Gutiérrez, José Manuel (2-7-2017). "Bodas de plata del paseo marítimo". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 28-12-2017. 
  8. 8,0 8,1 Paseo Marítimo da Coruña
  9. Compañía de Tranvías
  10. García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4. 
  11. "El paseo marítimo Paco Vázquez irá desde San Antón hasta el Matadero". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  12. La avenida Gerardo Porto rodea su mejor diseño: el Millenium
  13. Parte del Paseo llevará el nombre de Fernando Suárez desde mañana
  14. San Roque de Afuera: Una pequeña aldea junto al mar del Orzán
  15. Un monumento honra la memoria de ´los héroes del Orzán´
  16. Monumentos
  17. El carril bici del Paseo completa su trazado con la señalización del tramo del Orzán y Riazor
  18. El mar a través del vidrio en Fonseca
  19. Ares ve posible recuperar sus esmaltes de las farolas en otros espacios públicos
  20. Vecinos y comerciantes critican que la zona no se integre en un plan global para el barrio
  21. «El tranvía turístico volverá a recorrer el Paseo Marítimo en Semana Santa» El Ideal Gallego.
  22. «El fuerte oleaje destroza el paseo marítimo de A Coruña» Faro de Vigo.
  23. «El paseo marítimo de A Coruña estrena barandilla» La Voz de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]