Bernardino González Vázquez
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Bernardino González Vázquez | ||
| Nacemento | 29 de marzo de 1966 (46 anos) Frankfurt am Main, Alemaña |
||
| Outras ocupacións | Axente comercial | ||
| Liga doméstica | |||
| Anos | Liga | Rol | |
| 2001–2010 | Primeira | árbitro | |
| Internacional | |||
| Anos | Liga | Rol | |
| 2005–2010 | FIFA | Árbitro | |
Bernardino González Vázquez, nado en Frankfurt am Main (Alemaña) o 29 de marzo de 1966, é un ex-árbitro de fútbol galego. Pertence ao Comité Galego de Árbitros de Fútbol, e arbitrou na Primeira División Española entre o 2001 e o 2010. Amais de árbitro é axente comercial, e reside en Ourense.[1]
Índice |
[editar] Traxectoria
Logo de arbitrar en categorías inferiores, debutou na Primeira División de España o 16 de setembro de 2001 no Estadio Manuel Ruiz de Lopera, nun encontro entre o Real Betis e o Real Madrid. En 2005 acadou a escarapela FIFA, e nese mesmo ano arbitrou a final do Campionato Europeo de Fútbol sub-17 de 2005 celebrado en Italia, entre Turquía e Holanda.
A súa última tempada na Primeira División foi a 2009–10.
[editar] Notas
- ↑ "El arbitraje te forma como persona", artigo en La Región, 23 de xuño de 2009 (en castelán).