Casa Museo Picasso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Casa Museo Picasso é un museo da cidade da Coruña inaugurado o 18 de decembro de 2002. No museo reprodúcense 33 obras, das cales 4 son do pai e as demais foron realizadas polo Picasso novo durante a súa estancia na cidade herculina, as obras están integradas dentro da decoración da casa nas diferentes estancias agás nos dormitorios. Entre as obras expostas hai óleos sobre lenzo, óleos sobre madeira, debuxos a lapis e a pluma, tintas, carbóns e acuarelas. Na casa que alberga o museo residiu o pintor Pablo Picasso entre 1891 e 1895, trátase dunha vivenda típica da zona do ensanche coruñés do século XIX e se conserva igual a como estaba cando vivía a familia Ruiz Picasso con mobles, obxectos e enseres orixinais e da época. A casa está situada no segundo andar do número 14 da rúa Payo Gómez, en pleno centro da cidade.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Pablo Picasso

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas