Zbigniew Boniek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zbigniew Boniek
Boniek Zbigniew.jpg
Información persoal
Nome completo Zbigniew Kazimierz Boniek
Nacemento 3 de marzo de 1956 (58 anos)
Lugar Bydgoszcz, Polonia
Altura 1,81 m.
Posición Centrocampista/Dianteiro
Carreira xuvenil
1966–1975 Zawisza Bydgoszcz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1975–1982 Widzew Łódź 156 (50)
1982–1985 Juventus 81 (13)
1985–1988 Roma 76 (17)
Selección nacional
1976–1988 Polonia 80 (24)
Adestrador
1990–1991 Lecce
1991–1992 Bari
1992–1993 Sambenedettese
1994–1996 Avellino
2002 Polonia
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
’’Boniek Star’’
Boniek, (2011)

Zbigniew "Zibì" Kazimierz Boniek, nado o 3 de marzo de 1956 en Bydgoszcz, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol polaco. Xogaba de centrocampista e dianteiro e foi internacional coa selección polaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros clubes, no seu país de orixe foron o Zawisza Bydgoszcz e o Widzew Łódź.

No ano 1982 foi transferido á Juventus, coverténdose no primeiro futbolista polaco en xogar nunha das grandes ligas europeas. Ese mesmo ano, no Mundial de 1982 conseguíu o terceiro posto coa selección. Co equipo nacional xogaría un total de 80 encontros anotando 24 goles.

Na súa carreira de clubes tampouco lle foi nada mal, gañando unha Recopa en 1984, unha Supercopa Europea nese mesmo ano, e ao ano seguinte a Copa de Europa, todo co clube Turinés.

O Presidente da Juventus naqueles tempos alcumouno Bello di notte (Fermoso de noite) , polas boas actuacións que facía sempre nos encontros que se xogaban á tardiña.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Boniek adestrou en Italia, nos clubes Lecce en 1990-91, Bari en 1991-92, Sambenedettese en 1992-93, e Avellino en 1994-96.

Nos últimos anos foi o vicepresidente da Federación Polaca de Futbol a en xullo de 2002 fíxose cargo do posto de adestrador da selección do seu país. Aos poucos meses dimitiu a causas dos mediocres resultados da escadra ó seu cargo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zbigniew Boniek