Nacho Novo
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Ignacio Javier Gómez Novo | ||
| Nacemento | 26 de marzo de 1979 (32 anos) | ||
| Lugar | Ferrol, Galicia | ||
| Altura | 1,75 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Legia Warszawa | ||
| Número | 9 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1997–1998 | Racing de Ferrol | ||
| 1998–2000 | Somozas | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2000–2001 | Huesca | 38 | (22) |
| 2001–2002 | Raith Rovers | 33 | (18) |
| 2002–2004 | Dundee | 71 | (26) |
| 2004–2010 | Rangers | 179 | (47) |
| 2010–2012 | Sporting de Gijón | 41 | (7) |
| 2012– | Legia Warszawa | 1 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2007–2008 | Galicia | 2 | (2) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 8 de xaneiro de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Ignacio Javier Gómez Novo, máis coñecido por Nacho Novo, nado o 26 de marzo de 1979 en Ferrol, é un xogador de fútbol profesional que actualmente milita no Legia Warszawa.
Índice |
[editar] Traxectoria
Con anterioridade, xogara no Rácing de Ferrol, no Huesca (tempada 2000-01), no Raith Rovers (tempada 2001-02), no Dundee (tempadas 2002-04), e dende o 2004 nun dos dous clubes máis importantes da liga escocesa de fútbol: o Glasgow Rangers. En maio de 2010 confirmouse a súa fichaxe polo Sporting de Gijón para a campaña 2010–11. Xogou dúas tempadas no clube xixonés, e en febreiro de 2012 anunciou que non renovaría[1].
Como dianteiro demostrouse moi efectivo e converteu para o equipo de Glasgow 25 tantos na súa primeira tempada, e entre eles o gol contra o Hibernian de Edimburgo que lles deu o título en 2005. Deses 25, 19 foron en partidos de liga, 3 na copa e 3 máis na competición europea, na Liga de campións.
O seu número habitual é o 10 e foi titular cos Rangers durante a tempada 2005–06 ata que rompeu o quinto metatarsal, co que quedou de baixa durante varios meses. Na tempada 2006-07 desputou a Copa da UEFA co seu clube, co que xa conseguiu facerlle un gol ao AS Livorno Calcio.
[editar] Selección galega
Foi convocado pola selección nacional de fútbol de Galicia para a desputa do partido contra Uruguai, o 28 de decembro de 2005, pero non puido acudir por problemas de calendario coa competición escocesa. Esta circunstancia repetiuse ao ano seguinte, no partido que enfrontou a Galicia contra Ecuador.
No ano 2008 debutou en Riazor coa camisola da selección nacional fronte a Irán. Encontro no cal marcou dous tantos. Un día case perfecto, dicía, xa que lle faltou marcar no derbi escocés fronte o Celtic que tivo ese mesmo día á mañá.
[editar] Notas
- ↑ Tweet do 11 de febreiro, conta de Twitter de Nacho Novo.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- NNovo1010, conta de Twitter oficial de Nacho Novo.
- Nacho Novo (90minut.pl)