David Silva
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | David Josué Jiménez Silva | ||
| Nacemento | 8 de xaneiro de 1986 (26 anos) | ||
| Lugar | Arguineguín, España | ||
| Altura | 1,70 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Manchester City | ||
| Número | 21 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| UD San Fernando | |||
| 2000–2003 | Valencia | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2003–2004 | Valencia B | 14 | (1) |
| 2004–2010 | Valencia | 119 | (21) |
| 2004–2005 | → Eibar (cedido) | 35 | (5) |
| 2005–2006 | → Celta (cedido) | 34 | (4) |
| 2010– | Manchester City | 64 | (10) |
| Selección nacional | |||
| 2001–2002 | España sub-16 | 6 | (2) |
| 2002–2003 | España sub-17 | 20 | (5) |
| 2004–2005 | España sub-19 | 14 | (5) |
| 2005 | España sub-20 | 5 | (4) |
| 2004–2006 | España sub-21 | 9 | (7) |
| 2006– | España | 55 | (15) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 28 de marzo de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
David Josué Jiménez Silva, nado en Arguineguín (As Palmas) o 8 de xaneiro de 1986, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Manchester City.
En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.
Índice |
[editar] Traxectoria
Silva naceu na localidade grancanaria de Arguineguín, fillo de Fernando Jiménez, un ex policía municipal e actualmente responsable da seguridade do Estadio de Mestalla, e de Eva Silva, unha canaria con ascendencia xaponesa, de aí os trazos orientais de David, ademais ten outros dous irmáns.[1] Empezou a xogar a fútbol no benjamín do UD San Fernando da próxima Maspalomas, porque no seu pobo non había dita categoría. Aos 14 anos recibe a oferta de incorporarse á cadea filial do Valencia CF, na que permanece ata os 17 anos, conseguindo títulos como o campionato de España cadete.
Na tempada 2004-05 foi cedido á SD Eibar, xogando moitos minutos e achegando 5 goles a un club que acabou cuarto en Segunda División. Ao ano seguinte volveu ser cedido esta vez en Primeira ao Celta. Deste xeito produciuse o seu debut na Liga, contra o Málaga CF en Balaídos. Aquí continuou a súa progresión, sendo titular habitualmente e marcando esta vez catro goles.
A tempada 2006-07 incorpórase definitivamente ao primeiro persoal valencianista. Este primeiro ano é de novo excelente acumulando moitos minutos e 11 goles nas tres competicións en que participa. O seu gol contra o Espanyol foi o primeiro que anotou en Liga co Valencia CF, ademais converteuse nun asistente de luxo para os seus compañeiros especialmente para David Villa e Fernando Morientes con quen formou unha sociedade perfecta. David tivo a fortuna de marcar goles decisivos, por exemplo o que lle marcou ao Inter de Milán no estadio de San Siro ou o gol realizado ao Chelsea FC, ambos en Liga de Campións.
Toda esta traxectoria fixo que Luis Aragonés convocáselle para xogar un amigable coa selección española absoluta no estadio Ramón de Carranza o 15 de novembro de 2006.
A tempada seguinte, tempada 2007-08, foi unha tempada bastante complicada, debido as destitucións dos técnicos valencianistas Quique Sánchez Flores, primeiro e despois Ronald Koeman, unido a compañeiros apartados, estar moi preto da zona de descenso e a dimisión do presidente Juan Bautista Soler. A pesar de todo David brilla de novo e obtén o premio final de conseguir o campionato da Copa do Rei, tras vencer ao Getafe CF por 3 a 1, intervindo en dous deses goles.
A tempada péchaa de forma maxistral facéndose co título de Campión de Europa coa selección española, xogando 5 partidos e marcando un gol ante Rusia.
Tras a Eurocopa 2008 sufriu unha operación no nocello esquerdo que lle tivo apartado dos terreos de xogo durante os tres primeiros meses da tempada 2008-09, ata a xornada 15 na que interveu desde o banco ante o RCD Espanyol.
O 30 de xuño de 2010, mentres se disputaba o Mundial de Sudáfrica, confirmouse oficialmente o seu traspaso ao Manchester City, por 33 millóns de euros, asinando 4 anos de duración no seu novo contrato.
[editar] Selección nacional
Desde o seu debut xogou 41 partidos coa selección absoluta achegando 10 goles á mesma. Anteriormente foi internacional nas categorías inferiores participando nos europeos sub-17 (subcampión) e sub-19 (campión) e nun mundial sub-19 (subcampión).
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica.
Tamén conta cunha participación coa Selección de fútbol de Canarias.
[editar] Participacións coa selección
| Torneo | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| Eurocopa 2008 | Austria e Suíza | Campión |
| Copa Confederacións 2009 | Sudáfrica | 3º posto |
| Mundial 2010 | Sudáfrica | Campión |
[editar] Estatísticas
| Club | Tempada | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Supercopa | Selección | Total | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||
| Valencia CF | 2009/10 | 30 | 8 | 2 | 1 | 8 | 1 | - | - | 2 | 2 | 41 | 13 |
| 2008/09 | 21 | 4 | 3 | 0 | 3 | 1 | 2 | 1 | 7 | 0 | 34 | 6 | |
| 2007/08 | 34 | 5 | 8 | 1 | 8 | 1 | - | - | 14 | 3 | 64 | 9 | |
| 2006/07 | 37 | 4 | 4 | 3 | 11 | 3 | - | - | 5 | 0 | 57 | 10 | |
| Total Valencia CF | 121 | 20 | 17 | 5 | 30 | 6 | 2 | 1 | 28 | 5 | 164 | 36 | |
| Celta de Vigo | 2005/06 | 34 | 4 | 4 | 0 | - | - | - | - | - | - | 38 | 4 |
| Total Primeira | 131 | 20 | 21 | 4 | 24 | 6 | 2 | 1 | 28 | 5 | 204 | 36 | |
| SD Eibar | 2004/05 | 35 | 5 | - | - | - | - | - | - | - | - | 35 | 5 |
| Total Profesional | 167 | 26 | 19 | 4 | 24 | 6 | 2 | 1 | 28 | 5 | 240 | 43 | |
| Actualizadas o 16 de maio de 2010[2][3] | |||||||||||||
[editar] Palmarés
[editar] Campionatos nacionais
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Copa do Rei | Valencia CF | España | 2008 |
[editar] Copas internacionais
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Campionato Europeo da UEFA Sub-19 | Selección española | - | 2004 |
| Eurocopa 2008 | Selección española | Austria-Suíza | 2008 |
| Copa Mundial de Fútbol | Selección española | Sudáfrica | 2010 |
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Sitio web oficial
- Ficha en ValenciaCF.com
- Silva na selección
- Silva estrea 'El Murciélago' en Levante TV
|
|||||||
|
|||||||