Avenida da Mariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′11″N 8°23′58″O / 43.369665287833, -8.3995234377198

Avenida da Mariña
Tipoloxíaavenida
Localización
Iniciorúa de Luchana
FinCantón Grande
LocalidadeA Coruña

A avenida da Mariña[1][2][3] é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade.

É habitual denominar avenida da Mariña a toda rúa entre a Porta Real e o Obelisco, aínda que o tramo entre a Porta Real e a rúa Luchana recibe o nome de avenida de Montoto, en honra a Lorenzo Montoto, un dos comandantes que defenderon a cidade fronte ao ataque de Drake en 1588.[4]

A avenida dá nome á dársena da Mariña[5] e á travesía da Mariña, que une a avenida coa rúa Real.

Historia[editar | editar a fonte]

A avenida da Mariña ten a súa orixe no recheo que se fixo en 1858 para ampliar o porto coruñés. Ata ese momento o mar e os barcos chegaban case ata os edificios, o que podería dar o nome á rúa.

En 1922 denominouse avenida de Afonso XIII e entre 1931 e 1936 pasou a ser a avenida da República. En 1937 aprobouse unificar a avenida da Mariña coa de Montoto, mais o proxecto non se levou á práctica.

Durante o franquismo intentouse identificar o nome da avenida co da Mariña Española, polo que se colocou un monólito ao comezo da avenida.[6]

Dende 2006 existiron proxectos de peonalización, levando o tráfico por un túnel.[7][8] A remodelación finalmente rematou en 2016[9] e no proceso foi derrubado o edificio de Sanidade.[10]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Casas de Paredes

Na área da avenida da Mariña sitúanse as casas con galerías máis coñecidas da Coruña. O conxunto, que deu á cidade o seu sobrenome de “Cidade de Cristal” construíuse en dúas fases, entre 1870 e 1876 e entre 1879 e 1884, e as súas fachadas principais están na rúa Rego de Auga e na praza de María Pita.[11] O deseño dos soportais débese ao arquitecto municipal Juan de Ciórraga.[12]

Entre estes edificios destacan as galerías deseñadas por Gabriel Vitini e a Casa Rey, obra modernista de Julio Galán Carvajal.[13]

Na avenida da Mariña consérvanse outros edificios destacados:[14]

Ata principios do século XX estivo na avenida a fonte da Fama, actualmente na praza de Santo André. Outros edificios desaparecidos da avenida foron o Teatro Circo Coruñés (1885-1901), no que tivo lugar a primeira proxección de cinema en Galicia, e o Teatro Circo Emilia Pardo Bazán (1903-1915).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]