The Kinks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Kinks
Orixe Londres, Reino Unido Flag of the United Kingdom.svg
Período 1963 - 1996
Xénero(s) Garage Rock, Rock, Pop
Selo(s) discográfico(s) Pye, RCA, Arista, London, Columbia, Konk, Guardian
Membros Ray Davies
Dave Davies
Pete Quaife
Mick Avory
John Dalton
John Gosling
Andy Pyle
Jim Rodford
Ian Gibbons
Bob Henrit

The Kinks foi un grupo musical británico formado en Londres nos anos 60 polos irmáns Ray e Dave Davies.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeira etapa[editar | editar a fonte]

Desde os seus primeiros tempos estaban moi influídos polo Rock and roll e o Rhythm & blues americanos. En 1964 conseguiron o seu primeiro nº 1 nas listas británicas con "You Really Got Me ",a súa canción máis emblemática, dándose a coñecer como parte da Invasión Británica en Estados Unidos (nº 7 en Billboard ) Esta canción permaneceu como unha das máis significativas da década dos 60 e o seu son é considerado precursor do Hard rock.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

A evolución como compositor de Ray Davies, levou ao grupo a unha segunda época cun son moito máis "británico" e Pop, que lles proporcionou éxitos como "Sunny Afternoon" ou "Waterloo Sunset". Os seus traballos nestes anos exerceron gran influencia en movementos tan distintos como o Glam Rock, o Punk, ou a New Wave , malia que, en términos de popularidade e apoio do seu discográfica, sempre estiveron á sombra de The Beatles, The Rolling Stones ou The Who.

En 1970 e tras un período de menor presenza nas listas, alcanzaron o seu último nº 1 no Reino Unido co single "Lola". Os seus problemas coa discográfica Pye levoulles a asinar por RCA , iniciando unha fase caracterizada polo rock con tintes teatrais. Debido á falta de apoio promocional, o grupo pasou a un segundo plano, sobre todo no seu país, o que fai que se trasladen aos Estados Unidos. Alí asinaron con Arista, discográfica coa que gozaron dun novo periodo de éxito no cambio de década e os primeiros anos 80, éxito que non se volveu a repetir ata a súa separación en 1997.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

  • The Kinks (Pye, 1964)
  • Kinda Kinks (Pye, 1965)
  • The Kink Kontroversy (Pye, 1965)
  • Face to Face (Pye, 1966)
  • Something Else by The Kinks (Pye, 1967)
  • The Kinks Are the Village Green Preservation Society (Pye, 1968)
  • Arthur (Or the Decline and Fall of the British Empire) (Pye, 1969)
  • Lola versus Powerman and the Moneygoround, Part One (Pye, 1970)
  • Percy (Banda sonora) (Pye, 1970)
  • Muswell Hillbillies (RCA, 1971)
  • Everybody's in Show-Biz (RCA, 1972)
  • Preservation Act 1 (RCA, 1973)
  • Preservation Act 2 (RCA, 1974)
  • Soap Opera (RCA, 1975)
  • Schoolboys in Disgrace (RCA, 1976)
  • Sleepwalker (Arista, 1977)
  • Misfits (Arista, 1978)
  • Low Budget (Arista, 1979)
  • Give the People What They Want (Arista, 1981)
  • State of Confusion (Arista, 1983)
  • Word of Mouth (Arista, 1984)
  • Think Visual (London, 1986)
  • UK Jive (London, 1989)
  • Phobia (London, 1993)

Vivos[editar | editar a fonte]

  • Live at Kelvin Hall (Pye, 1968)
  • One for the Road (Arista, 1980)
  • The Road (London, 1988)
  • To the Bone (Konk, 1994 / Guardian, 1997)

Principais Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • The Kinks ("The Black Album") (Pye, 1970)
  • The Kink Kronikles (Reprise, 1972)
  • The Great Lost Kinks Album (Reprise, 1973)
  • The Kink's Greatest - Celluloid Heroes (RCA, 1976)
  • Come Dancing with The Kinks - The Best of The Kinks 1977-1986 (Arista, 1986)
  • The Album that Never Was (PRT, 1987)
  • The EP Collection Vol. 1 & 2 (See For Miles, 1990/91)
  • Fab Forty: The Singles Collection 1964-1970 (Charly, 1990)
  • Lost and Found (1986-1989) (MCA, 1991)
  • BBC Sessions 1964-1977 (Sanctuary, 2001)
  • The Ultimate Collection (Sanctuary, 2002)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]