Real Murcia Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Murcia
Nome Real Murcia Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s) Pimentoneros;
Granas
Fundación 1908
Estadio Nueva Condomina
Murcia, España
Inauguración 2006
Capacidade 31.179 espectadores
Presidente España Jesús Samper
Adestrador España Onésimo Sánchez
Liga Segunda División
2013–14
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Real Murcia Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Murcia na Rexión de Murcia. Actualmente xoga na Segunda División Española.

Militou un total de 18 tempadas en Primeira División e 50 en Segunda División, sendo o equipo que máis tempadas xogou en Segunda División, o que máis títulos de campión de Segunda División posúe (9) e, xunto ao desaparecido Club Deportivo Málaga, o que logrou máis ascensos a Primeira (11).

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón branco, medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón verde, medias verdes.
  • Terceiro uniforme: Camiseta negra cunha banda branca, pantalón negro, medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Exterior da Nueva Condomina.
Artigo principal: Estadio Nueva Condomina.

Con capacidade para 31.179 espectadores, trátase dun estadio 4 estrelas, homologado pola FIFA e a UEFA para poder disputar competicións europeas e internacionais. Quedou inaugurado coa celebración dun partido amigable internacional entre as seleccións de España e Arxentina o 11 de outubro de 2006 con vitoria española por 2 a 1. O primeiro partido disputado polo club foi o 26 de novembro de 2006 ante o Real Valladolid, que se saldou cunha derrota do conxunto local por 1 a 4.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 18
  • Tempadas en : 51
  • Tempadas en 2ªB: 7
  • Tempadas en : 5

Datos en Primeira División[editar | editar a fonte]

  • Mellor posto: 11º (tempadas: 44-45, 45-46, 83-84 e 86-87).
  • Peor posto: 20º (tempada: 03-04).
  • Maior goleada conseguida como local: Real Murcia 6-1 Osasuna (2 de outubro de 1988).
  • Maior derrota encaixada como local: Real Murcia 1-5 Real Zaragoza (27 de abril de 1975).
  • Maior goleada conseguida como visitante: Real Zaragoza 1-6 Real Murcia (18 de xaneiro de 1981).
  • Maior derrota encaixada como visitante: Fútbol Club Barcelona 8-1 Real Murcia (4 de outubro de 1964).

Xogadores 2011/12[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR España Alberto Cifuentes
2 DEF España Mario Marín
3 DEF España Oriol
4 MED España Aguilera
5 DEF España Jorge
6 DEF España Óscar Sánchez
7 DEF España Molinero
8 DIA España Pedro
9 DIA España Chando
10 MED España Cerrajería
11 MED España Sutil
12 DEF España Rubén Párraga
Posto País Xogador
14 DEF España Amaya
15 DEF España Luciano
16 MED Flag of Chile.svg Iturra
17 DIA España Kike
18 MED España Albiol
19 MED España Emilio Sánchez
20 MED España Richi
21 MED España Isaac Jové
22 DIA España Borja
23 DIA Flag of Argentina.svg Cristian García
25 POR España Javi Jiménez
26 MED Flag of Uruguay.svg Nico Varela

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

  • Campionato Levante (1): 1920–21
  • Campionato de Murcia (9): 1925–26, 1926–27, 1927–28, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1931–32, 1933–34, 1939–40
  • Campionato Superrexional de Levante-Andalucía (1): 1935–36

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amistosos[editar | editar a fonte]

  • Trofeo Festa d'Elx (3): 1975, 1983, 2002
  • Trofeo Ciudad de Murcia (3): 1968, 1969, 1996
  • Trofeo Nueva Condomina (2): 2004, 2007
  • Campionato do Sudeste de España (1): 1911
  • Trofeo Concepción Arenal (1): 1960
  • Trofeo de las Ciudades (1): 1973
  • Torneo Costa Blanca (1): 1973
  • Trofeo Ciudad de Albacete (1): 1979
  • I Trofeo de Fútbol de la Región de Murcia (1): 1984
  • Trofeo Costa Cálida (1): 1993
  • Torneo de Mondariz (1): 2008
  • Trofeo del Centenario (1): 2008
  • Trofeo Cuna de Belén (1): 2010
  • Memorial Enrique Miralles (1): 2010
  • Trofeo Triangular 7 Región de Murcia (1): 2011

Filial[editar | editar a fonte]

O Real Murcia Club de Fútbol Imperial é o primeiro equipo filial do Real Murcia. Fundado no ano 1924, é o equipo que ten a marca de número de tempadas na Terceira división española.[1] Na tempada 2007/2008 logrou o ascenso á Segunda División B.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]