Gerard Piqué

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerard Piqué
Gerard Piqué Euro 2012 vs France 01.jpg
Piqué na Euro 2012.
Información persoal
Nome completo Gerard Piqué i Bernabéu
Nacemento 2 de febreiro de 1987 (27 anos)
Lugar Barcelona, España
Altura 1,92 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Barcelona
Número 3
Carreira xuvenil
1997–2004 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2008 Manchester United 12 (0)
2006–2007 Zaragoza (cedido) 22 (2)
2008– Barcelona 138 (10)
Selección nacional
2002–2003 España sub-16 7 (2)
2004 España sub-17 8 (3)
2006 España sub-19 8 (3)
2007 España sub-20 5 (1)
2006–2008 España sub-21 12 (1)
2009– España 54 (4)
2004– Cataluña 6 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 1 de xuño de 2013.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 16 de xuño de 2013.

Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Futbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes,[1] no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Xogou en todas as categorías inferiores do FC Barcelona, con todo asinou o seu primeiro contrato profesional co Manchester United un dos clubs do fútbol profesional inglés onde se puido formar como profesional.

Manchester United[editar | editar a fonte]

Debutou co primeiro equipo do Manchester United en outubro de 2004 substituíndo a John O'Shea na vitoria do equipo red por 0-3 ante o Crewe Alexandra, na terceira rolda da Carling Cup[3],

Asinou o seu segundo contrato cos ingleses en febreiro de 2005, logo de ter varias boas actuacións no equipo reserva do equipo de Manchester. O seu debut como titular no primeiro equipo chegou o 26 de marzo de 2006, nun partido de Premier League ante o West Ham United.

Real Zaragoza[editar | editar a fonte]

No verán de 2006, o Manchester United e o Real Zaragoza chegaron a un acordo para a cesión do xogador por unha tempada. Xogou 22 encontros de titular co equipo zaragozano, formando no centro da defensa xunto ao arxentino Gabriel Milito. Tamén actuou na posición de mediocentro defensivo con solvencia. Finalizan na 6ª posición clasificándose así para disputar a Copa da UEFA.

Volta ao Manchester United[editar | editar a fonte]

O Manchester anunciou en maio de 2007 que Piqué volvería á entidade inglesa tras a súa boa tempada en España[4]. Piqué entrou a formar parte do primeiro equipo. Marcou o seu primeiro gol na Liga de Campións da UEFA o 7 de novembro de 2007, ante o Dinamo de Kiev de Ucraína na fase de grupos. Volveu marcar en devandita competición o 12 de decembro, fronte ao AS Roma. Esa tempada conseguiu o titulo da Premier League co Manchester United e tamén a Liga de Campións da UEFA da tempada.

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

O 27 de maio de 2008, Piqué asinou un contrato de 4 anos co FC Barcelona cunha cláusula de 50 millóns de euros[5]. Da man do técnico Pep Guardiola, Piqué converteuse nun dos activos máis importantes para a defensa "azulgrana". O equipo catalán asinou unha primeira volta histórica, conseguindo 50 puntos.

O 2 de maio de 2009 anotou o sexto gol na goleada por 2-6 que o FC Barcelona conseguiu fronte ao Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.

O 13 de maio de 2009 foi titular na final onde o seu equipo proclamouse campión da Copa do Rei, partido que venceu o club blaugrana por 1-4 enfrontándose ao Athletic Club de Bilbao. O 16 de maio de 2009, gañou o seu primeiro título de Primeira División de España, ao perder o Real Madrid por 3-2 fronte ao Villarreal CF, sendo campión matematicamente o FC Barcelona.

Esa mesma tempada, o 27 de maio de 2009 formaría parte do once titular do FC Barcelona que disputou a final da Liga de Campións da UEFA, precisamente contra o seu ex-equipo, o Manchester United, no Estadio Olímpico de Roma. O FC Barcelona venceu por 2-0, conseguindo así Piqué a súa segunda UEFA Champions League consecutiva grazas aos goles de Eto'o e o arxentino Messi.

O 26 de febreiro de 2010, Gerard Piqué renovou[6]o seu contrato co FC Barcelona ata 2015 cunha cláusula de rescisión de 200 millóns de euros.

Internacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional en 14 ocasións coa selección de España. Debutou, como titular, o 11 de febreiro de 2009 nun partido amigable ante Inglaterra no Ramón Sánchez Pizjuán, Sevilla. O 28 de marzo de 2009, no seu segundo partido internacional, no Estadio Santiago Bernabéu ante Turquía, anotou o seu primeiro gol coa camiseta de a vermella.

O 11 de xullo de 2010 xogou a final do Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010, proclamándose campión. Gerard Piqué, Iker Casillas e Joan Capdevila foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os partidos do Mundial.

Tamén xogou en 3 ocasións coa Selección de fútbol de Cataluña, aínda que sen marcar ningún gol. A última ocasión foi o 22 de decembro de 2009 contra a Selección Arxentina de fútbol onde gañaron 4-2 baixo as ordes de Johann Cruyff.

Clubs[editar | editar a fonte]

Actualizado o 15 de maio de 2010

Club País Ano Partidos Goles
Manchester United Inglaterra 2004 - 2006 3 0
Real Zaragoza España 2006 - 2007 28 3
Manchester United Inglaterra 2007 - 2008 12 2
FC Barcelona España 2008 - presente 87 7

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
League Cup Manchester United Inglaterra 2006
Community Shield Manchester United Inglaterra 2007
Premier League Manchester United Inglaterra 2008
Copa do Rei FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2009
Supercopa de España FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2010
Liga de España FC Barcelona España 2011
Copa do Rei FC Barcelona España 2012
Liga de España FC Barcelona España 2013

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Campionato de Europa Sub-19 Selección sub-19 España 2006
Liga de Campións da UEFA Manchester United Inglaterra 2008
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona España 2009
Supercopa de Europa FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona Abu Dabi 2009
Copa Mundial de Fútbol Selección española Sudáfrica 2010

Distincións Individuais[editar | editar a fonte]

Vida privada[editar | editar a fonte]

O pai de Piqué, Joan é avogado e a súa nai Montserrat é directora dun hospital.[7] O seu avó, Amador Bernabéu, foi vicepresidente do FC Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]