Pazo de Xustiza da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Xustiza
Entrada principal
Edificio
LocalizaciónPraza de Galicia 1
15004, A Coruña
Coordenadas43°21′53″N 8°24′26″O / 43.364722222222, -8.4072222222222Coordenadas: 43°21′53″N 8°24′26″O / 43.364722222222, -8.4072222222222
Uso(s)xudicial
Construción
Inicio1928
Remate1929[1]
Remodelación2000[2]
Equipo
Arquitecto(s)Julio Galán Carvajal, Ricardo Boán
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Xustiza[3] é un edificio situado no Ensanche da cidade da Coruña. Acolle a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista xeral do Pazo de Xustiza

O edificio foi proxectado en 1908 polos arquitectos Ricardo Boán e Julio Galán Carvajal no seu único proxecto común. Porén, aprobouse en 1926 e a súa construción non comezou ata 1928, cando xa falecera Boán e Galán se trasladara a Asturias.[4]

Situouse na que tería que ser unha gran praza do Ensanche[4] para acoller os xulgados da Coruña.

Dende 1989 é a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.[5] Entón os xulgados trasladáronse a un edificio de nova construción deseñado por Xosé Bar Boo.[6]

Descrición[editar | editar a fonte]

O pazo é de estilo ecléctico con influencias necoclasicistas e modernistas,[5] se ben a decoración é bastante austera.[4] Entre o proxecto inicial e a modificación que realizou Galán vinte anos despois o cambio fundamental foi esta decoración, máis adaptada aos gustos da época.[7]

Está formado por tres corpos con dous patios nas zonas intermedias e fachadas simétricas.[4]

Posúe unha escalinata solemne central, separada das escaleiras de servizo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4. 
  2. Historia do TSXG
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pazo.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 54-55.
  5. 5,0 5,1 Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
  6. Cuatro edificios para una sola justicia
  7. Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura art déco en Galicia: el modelo coruñés". Quintana (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (1). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]