Casa da Cultura Salvador de Madariaga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Casa da Cultura Salvador de Madariaga é unha sala de exposicións e centro cultural da cidade da Coruña (Galiza). Situada en pleno centro da cidade é actualmente sede, entre outras, do Arquivo Municipal, o Servizo Municipal de Educación, conta tamén cunha Biblioteca Municipal. A xestión correspóndelle ao Palacio de Exposicións Municipal Kiosco Alfonso.
O edificio ten un baixo e catro plantas cun patio central cuberto por unha cristaleira. As catro plantas están articuladas a partir deste patio central cunha escaleira que se divide en dous corpos e leva ás outras plantas.