Parque de Santa Margarida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°21′43″N 8°24′46″O / 43.362, -8.41267

Muíño de vento do século XVIII.

O parque de Santa Margarida é un lugar de lecer, natureza, saber e cultura da cidade da Coruña. Está situado preto do centro nun outeiro ateigado de árbores e resulta visible dende boa parte da cidade.

O parque de Santa Margarida é un dos parques de maior superficie da cidade con 51 723 m²[1] e nel atópanse institucións culturais como o Pazo da Ópera ou a Casa das Ciencias. Ten tamén zonas de xogos para cativos e bancos e mesas para os maiores.[2]

A última fin de semana de agosto ten lugar no parque a romaría de Santa Margarida.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O parque foi un monte[3] que tivo distintos usos co tempo. No alto do monte chegou a haber varios muíños de vento, dos que se conserva un como peza de museo no estanque dos parrulos.

O parque tivo anteriormente o nome de Joaquín Costa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Parque de Santa Margarida
  2. "Parque de Santa Margarita". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  3. "Reivindicando «el monte» de Santa Margarita". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-08-25. Consultado o 2020-04-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]