Selección de fútbol de Perú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Peru.svg
Perú
Actual campión do mundo Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Perú en Copa América 2007.jpg
Na súa casa


Fóra


Asociación Federación Peruana de Fútbol — FPF
Confederación CONMEBOL (Sudamérica)
Código FIFA PER
Alcume La Blanquirroja
(a albivermella)
Ranking FIFA 38 (14 de xullo de 2010)
Seleccionador Flag of Uruguay.svg Sergio Markarián
Máis partidos Roberto Palacios (122)
Máximo goleador Teófilo Cubillas (26)
Estrea internacional
Perú Perú 0 - 4 Uruguai Uruguai

Lima, Perú; 1 de novembro de 1927

Maior vitoria
Perú Perú 9 - 1 Ecuador Ecuador

Bogotá, Colombia; 11 de agosto de 1938

Maior derrota
Brasil Flag of Brazil.svg 7 - 0 Flag of Peru.svg Perú

A Paz, Bolivia; 26 de xuño de 1997

Campionato do Mundo
Participacións 4 (Uruguai 1930)
Mellor resultado 7º (1970)
Copa América
Participacións 34 (Perú 1927)
Mellor resultado 1º (2) (1939 e 1975)

A Selección de fútbol de Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Sudamericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección de Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano. Até a data participou en catro edicións da Copa Mundial de Fútbol (1930, 1970, 1978 e 1982), sendo os seus mellores resultados os cuartos de final alcanzados en 1970 e 1978. Mentres que a nivel rexional, foi campioa da Copa América en 1939 e 1975.

En canto ás categorías xuvenís a selección sub-23 obtivo o segundo lugar no Torneo Preolímpico Suramericano Sub-23 de 1960, o terceiro lugar en 1964, 1980 e o cuarto lugar en 1972. A selección sub-20, obtivo a medalla de ouro nos Xogos Sudamericanos de 1990 e a medalla de bronce nos Xogos Sudamericanos de 1994. A selección sub-17, participou en dúas copas do mundo da categoría, a primeira delas na en 2005 e logo na de 2007 onde avanzou até os cuartos de final. A selección é alcumada habitualmente la Blanquirroja (do castelán: a albivermella)

Historia[editar | editar a fonte]

Victor Benítez, xogador de Perú entre 1957 e 1959.

En 1922 tivo lugar a creación da Federación Peruana de Fútbol, que se afiliou á Confederación Sudamericana de Fútbol en 1925, mais as limitacións internas e os problemas económicos impediron a creación dunha selección nacional que oficialmente representase ao país internacionalmente. En 1927, a selección de fútbol do Perú foi creada oficialmente, e foi a anfitrioa do Campionato Suramericano dese mesmo ano, onde Perú ocupou o terceiro lugar logo dunha vitoria (3-2 ante Bolivia) e dúas derrotas (0-4 ante Uruguai e 1-5 ante Arxentina).

En 1930, a «blanquirroja» foi convidada a participar na primeira Copa Mundial de Fútbol, Perú integrou o grupo C xunto coas seleccións de Romanía e Uruguai, sendo derrotada nos dous encontros que disputou, 1-0 contra o anfitrión e 3-1 contra os romaneses. Logo dun receso de seis anos levouse a cabo novamente o Campionato Suramericano de Seleccións e por segunda ocasión realizouse en Perú, foron só catro selecciones as que participaron Arxentina, Uruguai, Chile e Perú como anfitrioa. A selección peruana iniciou a súa participación o 13 de xaneiro cunha derrota ante os «charrúas», sete días máis tarde novamente foi derrotada esta vez a mans de Arxentina, o 26 de xaneiro conseguiu a súa única vitoria ante Chile por 1-0 e situouse na terceira posición. En 1939 a selección peruana logrou o seu primeiro título internacional de gran envergadura: o Campionato Sudamericano que se realizou na cidade de Lima. A selección disputou catro encontros nese campionato e gañounos todos, 5-2 a Ecuador, 3-1 a Chile, 3-0 a Paraguai e 2-1 a Uruguai na final.

Dende finais dos anos 1930, Perú non volvera a conseguir ningún título de relevancia nin clasificarse para o Mundial. Porén, o 31 de agosto de 1969, a selección peruana enfrontouse á de Arxentina no marco das eliminatorias para a Copa Mundial de Fútbol de 1970. Perú tan só necesitaba un empate para clasificarse deixando fóra de competición a bolivianos e arxentinos. Ese día Perú logrou empatar 2-2 con goles de Oswaldo Ramírez, e a «blanquirroja» obtivo a súa clasificación o Mundial de 1970. Na Copa do Mundo, a selección formou parte do grupo D xunto coas seleccións de Alemaña Federal, Bulgaria e Marrocos. No primeiro encontro conseguiu unha vitoria por 3-2 ante Bulgaria logo de ir perdendo 2-0, os goles foron anotados por Alberto Gallardo, Héctor Chumpitaz e Teófilo Cubillas. No seu segundo encontro novamente obtivo unha vitoria tras vencer comodamente por 3-0 a Marrocos, con dous goles de Teófilo Cubillas e un de Roberto Challe, mentres que no último encontro da fase de grupos foi derrotada por Alemaña Federal por marcador de 3-1, ocupando o segundo lugar do seu grupo con 4 puntos e logrando a clasificación aos cuartos de final onde a selección peruana foi eliminada por Brasil que finalmente resultou campioa do torneo.

Trala desilusión de non conseguir clasificarse á Copa Mundial de Fútbol de 1974, Perú gañaría ao ano seguinte súa segunda Copa América. Nas eliminatorias para a Copa Mundial de Fútbol de 1978, Perú formou parte do grupo 3 xunto coas seleccións de Chile e Ecuador, disputou catro encontros dos cales gañou dous e empatou nos outros dous, sumando seis puntos e pasando á seguinte rolda de maneira invicta. Na rolda final enfrontouse a Brasil co que perdeu por 1-0, logo mediuse ante Bolivia á cal venceu por marcador de 5-0, conseguindo desta forma a súa segunda clasificación para unha copa do mundo. No primeiro encontro do Mundial venceron a Escocia por 3-1, no segundo encontro empatou a cero goles ante os Países Baixos e finalmente derrotou por 3-1 á selección de Irán, que participaba por primeira vez nun mundial de fútbol. Xa na segunda fase o combinado peruano integrou o grupo B xunto con Brasil (perdeu 3-0), Polonia (perdeu 1-0) e Arxentina (perdeu 6-0).

Nas eliminatorias para a Copa Mundial de Fútbol de 1982, Perú tivo que enfrontar no seu grupo a Colombia e Uruguai que viña de obter o Mundialito realizado neste último país. O 26 de xullo de 1981, Perú disputou o primeiro encontro do seu grupo ante Colombia na cidade de Bogotá, onde conseguiu un empate 1-1, logo recibiu en Lima ao mesmo rival e esta vez derrotouno por 2-0. Posteriormente disputáronse os encontros ante Uruguai, primeiro en Montevideo onde logrou unha vitoria por 2-1, mentres que no encontro de volta Perú clasificouse á Copa Mundial de Fútbol de 1982 logo de empatar 0-0 en Lima. Xa no mundial Perú integrou o grupo A xunto Italia, Camerún e Polonia. No seu primeiro encontro obtivo un empate a 0 goles ante a selección de Camerún, logo empatou novamente ante Italia por 1-1. Finalmente foron derrotados por Polonia por marcador de 5-1, Perú ocupou o último lugar do grupo con só dous puntos e foi eliminado na primeira fase do torneo. Dende aquela Perú non se volveu clasificar a ningunha Copa do Mundo.

Uniforme[editar | editar a fonte]

As cores da selección de Perú son o vermello e o branco. O primeiro equipamento da selección foi fabricado para a Copa América de 1927, e consistía en pantalóns brancos e unha camisola a raias vermellas e brancas. Outro uniforme foi fabricado para o Mundial de Uruguai de 1930, que consistía nun equipamento completamente branco co pescozo de cor vermella. Un terceiro uniforme distinto foi deseñado para o Campionato Sudamericano de 1935, diferenciándose do anterior por levar unha franxa horizontal vermella no medio da camisola. Finalmente, o actual uniforme foi feito para os Xogos Olímpicos de Berlín 1936, no que se trocaba a anterior franxa horizontal por unha diagonal do ombreiro dereito á cadeira dereita. O sinxelo deseño do equipamento peruano foi recoñecido internacionalmente en 2010 cando a ESPN, un cadea deportiva, calificou o xersei de Peru do Mundial de 1978 como o mellor equipamento de tódolos tempos.




Dende 1936


Nolberto Solano
Período Proveedor[1]
1978-1981 Adidas
1981-1982 Penalty
1983-1985 Adidas
1986-1987 Calvo Sportwear
1987-1989 Puma
1989-1991 Power/Diadora
1993-1995 Polmer
1996-1997 Umbro
1998-2009 Walon Sport
Dende 2010 Umbro

Estadio[editar | editar a fonte]

Vista da tribuna norte do Estadio Nacional.

O Estadio Nacional do Perú, tamén coñecido como Estadio José Díaz, é o estadio principal da Selección de fútbol do Perú. Conta cunha capacidade para 45.574 espectadores, foi inaugurado o 18 de xullo de 1897 co nome de Estadio Guadalupe. En 1921, como parte do programa de «embelecemento» da cidade de Lima impulsado polo entón Presidente do Perú Augusto Leguía con motivo da celebración do Centenario da Independencia do Perú, o estadio foi renovado e rebautizado co nome de Estadio Nacional. O primeiro encontro oficial disputaríase o 1 de novembro de 1927, no marco do Campionato Suramericano, coa vitoria de Uruguai sobre Perú por 4-0. Máis tarde, durante o goberno do xeneral Manuel A. Odría, o estadio foi reconstruído e oficialmente reinaugurado o 27 de outubro de 1952. O 27 de agosto do 2005 inaugurouse o gramado artificial que se instalou con ocasión da Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2005 que levou a cabo no Perú, aínda que a nova superficie foi moi criticada polos clubs de Primeira División debido ás lesións sufridas polos seus futbolistas.


Por tal motivo o seleccionado peruano nos últimos anos viuse na obrigación de utilizar como sede para disputar os seus encontros de local o Estadio Monumental, popularmente coñecido como Monumental de Ate ou Monumental Ou, propiedade do Club Universitario de Deportes, situado ao leste da cidade de Lima no Distrito de Ate. Foi deseñado polo arquitecto uruguaio Walter Lavalleja, e conta cunha capacidade ou aforamento total para 80.093 espectadores: 58.577 asistentes no seu catro tribunas e 21.516 persoas adicionais no catro edificios de palcos-suites que o rodean. A selección de fútbol do Perú non tivo moito éxito xogando no Monumental, dun total de quince encontros só obtivo a vitoria en tres ocasiones, empatando oito veces e perdendo en cinco oportunidades. O primeiro encontro disputado pola selección neste estadio foi ante Ecuador o 2 de xuño de 2001, nun encontro válido polas eliminatorias para o Mundial de 2002, o cal finalizou con vitoria para os ecuatorianos por 2-1. A primeira vitoria foi ante Bolivia o 12 de setembro de 2007 nun encontro amigable.

Villa Deportiva Nacional[editar | editar a fonte]

A Villa Deportiva Nacional (do castelán: Cidade Deportiva Nacional) tamén coñecida como a VIDENA, é o centro de operacións de tódalas seleccións peruanas (dende menores até a absoluta) e o cuartel xeral da Federación Peruana de Fútbol. Atópase situada no Distrito de San Luis, na cidade de Lima. Foi construída en 1996, baixo a presidencia de Alberto Fujimori e sendo Nicolás Delfino presidente da FPF. Posúe unha área total próxima aos 50.000 .

Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1930 Primeira fase 10° 2 0 0 2 1 4
Italia Italia 1934 Retirouse
Francia Francia 1938 Non se clasificou
Brasil Brasil 1950 Retirouse
Suíza Suíza 1954
Flag of Sweden.svg Suecia 1958 Non se clasificou
Flag of Chile.svg Chile 1962
Inglaterra Inglaterra 1966
Flag of Mexico.svg México 1970 Cuartos de final 4 2 0 2 9 9
Alemaña Alemaña 1974 Non se clasificou
Flag of Argentina.svg Arxentina 1978 Segunda fase 6 2 1 3 7 12
España España 1982 Primeira fase 20° 3 0 2 1 2 6
Flag of Mexico.svg México 1986 Non se clasificou
Italia Italia 1990
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1994
Francia Francia 1998
Flag of South Korea.svg Flag of Japan.svg Corea/Xapón 2002
Alemaña Alemaña 2006
Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010
Total - 46 18 12 17 76 65


Copa América[editar | editar a fonte]

Copa América
1916 Ausente 1917 Ausente
1919 Ausente 1920 Ausente
1921 Ausente 1922 Ausente
1923 Ausente 1924 Ausente
1925 Ausente 1926 Ausente
1927 3º lugar 1929 4º lugar
1935 3º lugar 1937 6º lugar
1939 EstrellaOro PPN.svg Campión 1941 4º lugar
1942 5º lugar 1945 Retirouse
1946 Retirouse 1947 5º lugar
1949 3º lugar 1953 5º lugar
1955 3º lugar 1956 6º lugar
1957 4º lugar 1959 4º lugar
1959 Retirouse 1963 5º lugar
1967 Retirouse 1975 EstrellaOro PPN.svg Campión
1979 3º lugar 1983 3º lugar
1987 Primeira fase 1989 Primeira fase
1991 Primeira fase 1993 Cuartos de final
1995 Primeira fase 1997 4º lugar
1999 Cuartos de final 2001 Cuartos de final
2004 Cuartos de final 2007 Cuartos de final
 Táboa xeral: 6º posto
Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
169 132 46 31 55 193 220 -27 34,8%

Xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de novembro de 2009.[2]

# Nome Período Partidos Goles
1 Roberto Palacios 1992 - 2009 127 19
2 Héctor Chumpitaz 1965 - 1981 105 3
3 Jorge Soto 1992 - 2005 101 9
4 Juan Jayo 1994 - 2008 97 1
5 Nolberto Solano 1994 - 2009 95 20
6 Rubén Díaz 1972 - 1985 89 2
7 Juan Reynoso 1986 - 2000 84 5
8 Percy Olivares 1987 - 2001 83 1
9 José Velásquez 1972 - 1985 82 12
10 Teófilo Cubillas 1968 - 1982 81 26


Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de novembro de 2009.[3]

# Xogador Período Goles Partidos
1 Teófilo Cubillas 1968 - 1982 26 81
2 Teodoro Fernández 1935 - 1947 24 32
3 Nolberto Solano 1994 - 2009 20 95
4 Roberto Palacios 1992 - 2009 19 127
5 Hugo Sotil 1970 - 1979 18 62
6 Oswaldo Ramírez 1969 - 1982 17 57
7 Franco Navarro 1980 - 1989 16 56
8 Pedro Pablo León 1963 - 1973 15 49
9 Óscar Gómez Sánchez 1953 - 1959 14 26
10 Jorge Alcalde 1935 - 1939 13 15
Claudio Pizarro 1999 - 13 55

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]