Casa Museo Casares Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa Museo Casares Quiroga
Casa Museo Casares Quiroga
CoordenadasCoordenadas: 43°22′23″N 8°23′53″O / 43.3730305556, -8.39798611111
PaísGaliza
CidadeA Coruña
TipoCasa museo
Museo histórico
Construción1880
Felipe Peña (Rehabilitación)
Inauguración14 de abril de 2007[1]
editar datos en Wikidata ]

A Casa Museo de Casares Quiroga é unha casa museo situada na antiga residencia de Santiago Casares Quiroga na cidade da Coruña. A casa museo do que fora presidente da II República Española do 13 de maio ao 19 de xullo de 1936 ten catro andares con exposicións e reproducións das estancias da casa, incluído o xardín. O baixo da casa está adicado a sala de exposicións temporais.

Historia[editar | editar a fonte]

O edificio da casa museo foi propiedade de José Cervigón. O novo propietario, Santiago Casares Paz encargou a reconstrución a Faustino Domínguez Coumes-Gay en 1886. En 1929 engadiuse unha bufarda deseñada por Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón con vista ao xardín exterior.[2]

A casa dos Casares foi espoliada nos días posteriores ao golpe fascista de 1936. Dos dez mil libros da súa biblioteca uns foron queimados, outros roubados, e outros conducidos ao Pazo de Xustiza[3].

Andar Descrición
Segundo
  • Foto familiar de 4 x 3 metros, un vestidor e o cuarto de baño da casa e a Biblioteca.
  • A mesa de despacho e unhas cadeiras.
Primeiro
  • Explicacións dos sucesos de Jaca ata o 14 de abril, día da proclamación da II República.
  • Exposición: A casa do espolio. Inventario co que levaron os fascistas da casa.
  • Comedor, cociña bilbaína, a caldeira e unha lacena.
Baixo
  • Exposicións temporais

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Casa Museo Casares Quiroga
  2. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 
  3. Retorno á casa do espolio. El País, Manolo Rivas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]