Peter Eisenman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Eisenman.

Peter Eisenman, nado en Newark (Nova Jersey) o 11 de agosto de 1932, é un arquitecto estadounidense coñecido por amosar un certo parelelismo entre os seus proxectos e as súas ideas filosóficas e teorías literarias. Englóbase, especialmente grazas aos seus últimos traballos, dentro do estilo arquitectónico desconstrutivista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Fixo os seus estudos de secundaria no Columbia High School, Maplewood. Xa na universidade obtivo o grao en arquitectura pola Universidade de Columbia e un máster e doutoramento na Universidade de Cambridge. Dende o ano 2003 recibiu un total de catro títulos de Doutor honoris causa, pola Università La Sapienza (Roma), a University of Illinois (Chicago), o Pratt Institute (Nova York) e Syracuse University (tamén en Nova York).

Carreira[editar | editar a fonte]

Memorial do holocausto en Berlín.

A finais dos anos cincuenta foi colaborador de Walter Gropius, e no 1975 foi un dos integrantes dos Five Architects. En 1982 fundou o Institute for Architecture and Urban Studies, de Nova York.

Peter Eisenman, descendente de inmigrantes xudeus alemáns de Estrasburgo, é internacionalmente recoñecido pola súa visión provocadora da arquitectura. Construíu unha serie innumerable de proxectos a gran escala incluíndo o Wexner Center para as Artes na Ohio State University, o Greater Columbus Convention Center en Columbus, Ohio, e o Aronoff Center for Design and Art na Universidade de Cincinnati.

Como resultado do concurso de ideas que gañou, constrúe en Santiago de Compostela a Cidade da Cultura, un conxunto de edificios destinados a actividades culturais. Unhas obras que lle levaron a completar un deseño orixinal da cidade de John Hejduk e a colaborar cos arquitectos españois Andrés Perea e Andrés Jaque. As obras foron obxecto de polémicas públicas pola súa xestión económica e polas dúbidas sobre a súa utilidade posterior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]