Diego Tonetto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tonetto
Diego Tonetto.jpg
Información persoal
Nome completo Diego Tonetto
Nacemento 5 de dec. de 1988 (25 anos)
Lugar Guaymallén, Arxentina
Altura 1,76 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Independiente Rivadavia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2012 Ferro Carril O. 150 (7)
2012–2013 Lugo 35 (2)
2013-2014 Ind. Rivadavia
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 8 de xuño de 2013

Diego Rubén Tonetto, alcumado O Mago, nado o 7 de decembro de 1989 en Guaymallén, Mendoza, é un futbolista arxentino, con pasaporte italiano, que xoga como dianteiro no Club Sportivo Independiente Rivadavia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diego Tonetto comezou a súa andadura no fútbol arxentino[1] tras recibir unha oferta do River Plate para xogar no seu equipo de infantís. Porén, o club "Millonario" non lle ofrece residencia na cidade de Bos Aires, polo que marchou cara o Club Ferro Carril Oeste, club do barrio bonaerense do Caballito. Alí comezou a xogar co primeiro equipo, nesa época no segundo nivel do fútbol da Arxentina, na tempada 2006. Alí coñecería a Gonzalo Castellani, que lle falaría do fútbol europeo.

Así, tras seis tempadas no primeiro equipo do Ferro,[2] nas que xogou 149 partidos e anotou sete goles, rescinde o seu contrato co club por falta de liquidez do equipo, a pesares de ser un dos seus principais xogadores. En agosto de 2012 marcharía cara o vello continente para asinar contrato co Club Deportivo Lugo da Segunda División. O 18 de agosto Tonetto debuta na Segunda División, no Anxo Carro de Lugo, axudando aos lucenses a acadar a súa primeira vitoria da temporada na primeira xornada de Liga tras vencer ao Hércules de Alacant. Tras unha temporada en Lugo, na que non tivo continuaidade, asina polo Club Sportivo Independiente Rivadavia da Primera B, segundo nivel do fútbol Arxentino.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]