Xesús Rodríguez Muíños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carolo
Información persoal
Nome Xesús Rodríguez Muíños
Nacemento 5 de marzo de 1965 (59 anos)
Lugar de nacemento Padrón
Altura 1,70 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Adestrador da Escola Deportiva Ourense infantil
Carreira xuvenil
Sar-Extramundi
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Sar-Extramundi
1983–1985 Gran Peña
1983–1985 Celta de Vigo 2 (0)
1985–1986 Compostela 24 (5)
1986–1987 Céltiga
1987–1989 Arousa 75 (24)
1989–1994 Lugo 162 (29)
1993 Gramenet 13 (5)
1994 Vista Alegre
1994–1996 Cultural Leonesa 41+ (17)
1996–1997 Ponte Ourense
1997–1999 Lalín 39+ (8)
1999–2000 Taboadela
2000–2002 Vilamarín
2002–2003 A Peroxa
2003–2004 Bentraces
2005–2006 Cea
2007–2009 Ferreira
2009–2011 Atlético Vilariño
2015–2016 Razamonde
2017–2018 Sar-Extramundi 5 (3)
Adestrador
2002 Vilamarín
2002–2003 A Peroxa
2010–2011 Atlético Vilariño
2014–2015 Atlético Escairón
2021– Velle B
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Xesús Rodríguez Muíños, máis coñecido como Carolo, nado en Estramundi de Abaixo (Padrón) o 5 de marzo de 1965, é un exfutbolista e adestrador galego que xogaba na demarcación de dianteiro. Cunha longa traxectoria nos campos de fútbol, pasou por unha vintena de equipos e militou en todas as categorías do fútbol español, dende a Primeira División (co Celta de Vigo) ata a Terceira Autonómica. Destacou entre outros no Arousa e no Lugo, participando con este último no primeiro ascenso a Segunda División na historia do club. Foi campión de España coa selección Galega Xuvenil. Xogou ata os 53 anos, cando colgou as botas no mesmo club no que comezara catro décadas antes, o Sar-Extramundi de Padrón. Exerceu en ocasións como xogador-adestrador e na actualidade adestra a E.D.O. Infantil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Alcumado "Carolo" polo alcume da súa casa familiar, comezou a xogar ao fútbol nos xuvenís do Sar-Extramundi durante a tempada 1978/79.[1] O seu bo rendemento no club padronés fixo que se interesase por el o Real Madrid, co que chegou a realizar unha proba.[2]

Celta de Vigo[editar | editar a fonte]

Entrou logo na canteira do Celta de Vigo, onde comezou no equipo xuvenil, pasando en marzo de 1983 ao Gran Peña.[3] Ese mesmo mes debutou na Primeira División co primeiro equipo do Celta, da man do adestrador Milorad Pavić, nun encontro ante o Athletic Club en San Mamés, no que saltou ao campo na segunda parte como substituto de Amorós. Continuou no Gran Peña dúas tempadas máis, e disputou un segundo partido co primeiro equipo, na Segunda División, durante a folga de futbolistas de setembro de 1984.[4]

Compostela, Céltiga e Arousa[editar | editar a fonte]

En 1985 fichou polo Compostela, co que xogou durante unha campaña na Segunda División B, con Moll como adestrador. Despois de pasar unha tempada co Céltiga en Terceira División, regresou á Segunda B nas filas do Arousa, equipo no que foi titular durante dúas tempadas, marcando 12 goles en liga en cada unha delas. Na segunda delas participou das vitorias na Copa do Rei sobre o Lalín, o Ourense e o Hércules, e xogou os 1/16 de final contra a Real Sociedad.[5]

Lugo[editar | editar a fonte]

Entre 1989 e 1994 militou no Lugo, sendo un habitual no once titular, e participou do histórico primeiro ascenso do club á Segunda División na tempada 1991/92, na que contribuíu con 7 goles, un deles na promoción. Sen apenas minutos na categoría de prata, en febreiro de 1993 foi cedido ao Gramenet, de Terceira.[6] Tralo descenso do Lugo, regresou ao equipo galego, co que marcou 8 goles máis en Segunda B, sendo cedido novamente na parte final da tempada, desta volta ao Vista Alegre compostelán.[7]

Cultural Leonesa[editar | editar a fonte]

En xuño de 1994 fichou pola Cultural Leonesa, que militaba na Terceira División e que estaba adestrada por Manolo Tomé.[8] Na súa primeira tempada logrou o ascenso a Segunda B, e na seguinte contribuíu con 15 goles á clasificación do equipo para a fase de ascenso, chegando a marcar catro goles nun mesmo encontro ante o Beasain. Anotou dous goles máis na fase de ascenso, pero equipo non conseguiu subir.

Ponte Ourense e Lalín[editar | editar a fonte]

Nos seguintes dous anos xogou na Terceira División, no Ponte Ourense e no Lalín, logrando con este último o ascenso a Segunda B. A tempada 1998/99 foi a última de Carolo na Segunda B e pechouna con 7 goles en 33 partidos co Lalín.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Na tempada 1990/00 xogou co Taboadela en Preferente,[9] e na seguinte militou no Vilamarín, en Primeira Rexional, logrando o ascenso a Preferente. Xogou unha segunda campaña co Vilamarín e na parte final da competición exerceu tamén como adestrador. Posteriormente adestrou o A Peroxa e xogou no Bentraces, no Cea, no Paderne, no Ferreira, Atlético Vilariño.

En 2015, xa con 50 anos, fichou polo Razamonde como xogador-adestrador e debutou con este equipo na única categoría na que nunca xogara, a Terceira Autonómica.[10] Na tempada 2017/18 regresou ao Sar-Extramundi, co que militou tamén en Terceira Autonómica.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Cultural Leonesa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Levo toda a vida xogando ao fútbol, pero este torneo non é para retirarme»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de marzo de 2016. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  2. Pelouro, Alejandro (29 de outubro de 2017). "Carolo, una historia más que goles". La Región (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2022. 
  3. "Carolo, al Gran Peña". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 1983. p. 37. 
  4. "El Celta enviaba a Cádiz a su filial ante la huelga de los profesionales". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2015. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  5. "Una eliminatoria inolvidable" (en castelán). 20 de abril de 2020. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  6. "«No me voy molesto»". La Voz de Galicia. 23 de febreiro de 1993. p. 55. 
  7. "Carolo fue cedido al Vista Alegre de Regional Preferente". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1994. p. 45. 
  8. "Carolo deja el Lugo para irse a la Cultural Leonesa". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 1994. p. 48. 
  9. "Carolo avala al Taboadela". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 1999. p. 37. 
  10. "Carolo debutó en la Tercera autonómica con el Razamonde". La Región (en castelán). 28 de setembro de 2015. Consultado o 13 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]