Manuel Pavón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavón
Información persoal
Nome completo Manuel Pavón Castro
Nacemento 27 de febreiro de 1984 (30 anos)
Lugar Santa Fe, España
Altura 1,90 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Lugo
Número 22
Carreira xuvenil
Santa Fe
1999–2000 Granada
2000–2001 Logroñés
2001–2002 Real Madrid
2002–2004 Numancia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2006 Numancia B
2006–2012 Numancia 111 (0)
2007 Granada (cesión) 11 (1)
2012– CD Lugo 72 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 30 de agosto de 2014

Manuel Pavón Castro, coñecido como Lolo Pavón, nado en Santa Fe (Granada) o 27 de febreiro de 1984, é un futbolista profesional español que actualmente xoga como defensa central no Club Deportivo Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse futbolísticamente no equipo da súa localidade natal, Santa Fe,[1] para pasar posteriormente ás categorías inferiores do Granada CF, Abandonou o club en idade xuvenil para xogar na División de Honra da categoría co CD Logroñés, logo co Real Madrid e, finalmente, no Club Deportivo Numancia. A tempada 2005-06 xogou na Terceira División co filial soriano.

Durante o mercado de inverno da tempada 2006-07 o club soriano cedeuno ao Granada CF,[2] en Segunda B, até final de tempada. Pavón, con todo, non tivo sorte no seu regreso ao club granadino e dispuxo de poucos minutos de xogo.

Na tempada 2007-08 regresou ao CD Numancia para formar parte do primeiro equipo. Esa campaña foi un dos habituais nas aliñacións do club que logrou o campionato de Segunda División e o consecuente ascenso a Primeira. O 26 de outubro de 2008 debutou na máxima categoría, ante o Racing de Santander, en Los Pajaritos.

Tralo descenso dos numantinos ao ano seguinte á división de Prata,[3] Pavón continuaría xogando no equipo soriano até a tempada 2011-12. Tras finalizar o seu contrato co equipo castelán, viaxa a Lugo para adestrar co equipo de Quique Setién a proba, anunciando que finalmente asinará co equipo albivermello para continuar a xogar na Segunda División.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
2006-2007 Granada CF Segunda B 11 1
2007-2008 CD Numancia Segunda 29 0
2008-2009 CD Numancia Primeira 13 0
2009-2010 CD Numancia Segunda 15 0
2010-2011 CD Numancia Segunda 32 0
2011-2012 CD Numancia Segunda 22 0
2012-2013 CD Lugo Segunda 32 0
2013-2014 CD Lugo Segunda 38 0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]