José Bouso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1953 (70 anos) Bretoña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
José Bouso Alvite, nado en Bretoña (A Pastoriza) o 3 de maio de 1953, é un empresario lugués do sector da construción.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o vixésimo segundo presidente do Club Deportivo Lugo, cargo que exerceu dende o ano 2004 ata o 2015, sendo substituído no cargo por Tino Saqués.[1] O 17 de maio de 2023, coincidindo co Día das Letras Galegas, anunciouse de maneira oficial a súa integración na refundación da Sociedade Ximnástica Lucense.