Deportivo da Coruña B
| Nome | Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. B | |||
|---|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Fabril Dépor B |
|||
| Fundación | 1914 (99 anos) | |||
| Estadio | O Mundo do Fútbol, Abegondo, Galicia |
|||
| Inauguración | 2003 | |||
| Capacidade | 3.000 | |||
| Presidente | ||||
| Adestrador | ||||
| Liga | 3ª – Grupo 1 | |||
| 2012–13 | 4º | |||
| Vestimenta | Lotto | |||
| Patrocinador | Estrella Galicia | |||
| Páxina web | Páxina web oficial | |||
|
|
||||
O Deportivo da Coruña B, que ten como nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña B, é un equipo de fútbol galego, o filial do Deportivo da Coruña. Fundouse en 1914 e milita na Terceira División, tras descender na tempada 2010–11.
Tradicionalmente chámaselle Fabril, debido a que este era o nome do club antes do actual.
Índice |
Historia [editar]
As súas orixes remóntanse a 1914 cando é fundado o Fabril Foot-ball Club. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro.
Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Celta Turista na final do campionato galego afeccionado, sendo o primeiro equipo da Coruña en gañalo. Ese mesmo ano ascendeu a Terceira división.
A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica. Nese momento o Fabril asina un acordo co outro club da cidade, o Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo.
Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, pero non logrou subir de categoría.
Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador. Máis tarde chegou a ser segundo adestrador do primeiro equipo durante a "era Irureta". O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.
En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo de La Coruña B.
Na tempada 1994-95 volveu ascender a Segunda B e nas tempadas 1996–97 e 1997–98 xogou a liguiña de ascenso a Segunda División, aínda que non logrou subir.
O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. En 2005-06 resultou campión da categoría, pero non logrou o ascenso. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar ó CD Don Benito na fase de ascenso.
Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.
Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División.
Nomes do club [editar]
- Fabril Foot-ball Club (1914–1941)
- Fabril Sociedad Deportiva (1941–1963)
- Fabril Deportivo (1963–1993)
- Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993– )
Estadio [editar]
O estadio no que xoga habitualmente o Deportivo B é o Mundo do Fútbol (situado en Abegondo), con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 9
- Tempadas en 3ª: 44 (Incluída a 2012/13)
- Tempadas en Rexional: 6
- Debut en Segunda B: 1991–92
- Mellor resultado na liga: 3º (2ª B, tempada 1997–98)
- Promocións de ascenso a Segunda: 3 (0 ascensos)
- Promocións de ascenso a Segunda B: 9 (5 ascensos)
- Clasificación histórica dos equipos filiais: 21º
Historial na liga [editar]
| Tempada | Categoría | Posición |
|---|---|---|
| 1964/65 | 3ª | 4º |
| 1965/66 | 3ª | 6º |
| 1966/67 | 3ª | 5º |
| 1967/68 | 3ª | 3º |
| 1968/69 | 3ª | 9º |
| 1969/70 | 3ª | 11º |
| 1970/71 | Rexional | — |
| 1971/72 | 3ª | 19º |
| de 72-73 | Rexional | — |
| a 76-77 | Rexional | — |
| 1977/78 | 3ª | 6º |
| 1978/79 | 3ª | 17º |
| 1979/80 | 3ª | 16º |
| 1980/81 | 3ª | 10º |
| 1981/82 | 3ª | 11º |
| 1982/83 | 3ª | 7º |
| Tempada | Categoría | Posición |
|---|---|---|
| 1983/84 | 3ª | 3º |
| 1984/85 | 3ª | 10º |
| 1985/86 | 3ª | 3º |
| 1986/87 | 3ª | 11º |
| 1987/88 | 3ª | 6º |
| 1988/89 | 3ª | 5º |
| 1989/90 | 3ª | 2º |
| 1990/91 | 3ª | 4º |
| 1991/92 | 2ªB | 18º |
| 1992/93 | 3ª | 5º |
| 1993/94 | 3ª | 2º |
| 1994/95 | 3ª | 4º |
| 1995/96 | 2ªB | 5º |
| 1996/97 | 2ªB | 4º |
| 1997/98 | 2ªB | 3º |
| 1998/99 | 2ªB | 17º |
| Tempada | Categoría | Posición |
|---|---|---|
| 1999/00 | 3ª | 2º |
| 2000/01 | 2ªB | 20º |
| 2001/02 | 3ª | 9º |
| 2002/03 | 3ª | 2º |
| 2003/04 | 3ª | 3º |
| 2004/05 | 3ª | 8º |
| 2005/06 | 3ª | 1º |
| 2006/07 | 3ª | 1º |
| 2007/08 | 2ªB | 4º |
| 2008/09 | 2ªB | 17º |
| 2009/10 | 3ª | 1º |
| 2010/11 | 2ªB | 17º |
| 2011/12 | 3ª | 6º |
| 2012/13 | 3ª | - |
Xogadores [editar]
Cadro actual [editar]
- Datos do 1 de febreiro de 2013.
|
|
Xogadores cedidos [editar]
|
Palmarés [editar]
Torneos estatais [editar]
- Terceira División de España (3): 2005–06, 2006–07, 2009–10
- Subcampión da Terceira División (5): 1963–64, 1989–90, 1993–94, 1999–00, 2002–03
Torneos amigables [editar]
- Trofeo Sporting Sada (1): 2009
- Trofeo Cidade de Betanzos (1): 2009
- Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010
- Trofeo de Vimianzo (1): 2010
- Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||