Héctor Font

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Héctor Font
Font xogando co Lugo.
Información persoal
Nome Héctor Font Romero
Nacemento 15 de xuño de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Vila-real
Altura 1,70 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Villarreal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2003 Villarreal B 22 (10)
2003–2006 Villarreal 56 (3)
2003–2004C. Murcia (cedido) 38 (2)
2006–2009 Osasuna 69 (3)
2009–2011 Valladolid 10 (0)
2010–2011Xerez (cedido) 29 (1)
2011–2012 Recreativo 2 (0)
2012 Cartagena 17 (0)
2012–2013 Lugo 24 (0)
2013–2014 Hércules 16 (0)
2014–2016 Oviedo 48 (0)
Selección nacional
2000 España sub-16 1 (0)
2004–2006 España sub-21 8 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de marzo de 2016.
editar datos en Wikidata ]

Héctor Font Romero, nado en Vila-real (Castelló) o 15 de xuño de 1984, é un futbolista español que actualmente xoga como centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no Villarreal CF (2002–2006), facendo o seu debut na Primeira División, con tan só dezaoito anos, o 15 de xuño de 2003 (RCD Español 2 - Villarreal CF 2). Esa tempada participou en dous encontros co primeiro equipo. A tempada seguinte, a 2003–04, é cedido ao Ciudad de Murcia da Segunda División, co que realiza unha gran tempada, xogando 38 partidos e marcando dous goles. Ao finalizar a súa experiencia no equipo murciano, regresa a Villarreal.

O xogador pasa tres tempadas máis no equipo do submarino amarelo, co que gaña dúas Copa Intertoto e disputa 54 partidos, marcando 3 goles. Tamén participou durante a súa etapa no conxunto amarelo en 11 partidos da Copa da UEFA 2004–05, marcando dous goles, e en 4 partidos da Liga de Campións 2005–06. Fichou polo CA Osasuna en xullo de 2006, club que abandonou en 2009. O balance no conxunto navarro foi de 69 partidos disputados en tres campañas e 3 goles marcados.

Para a tempada 2009–10 fichou polo Real Valladolid, sendo unha tempada negativa tanto para o club, que descende a Segunda, como para el, que tan só disputa 10 partidos co club de Valladolid. A tempada 2010–11 a disputa no Xerez CD, realizando unha aceptable campaña, disputando un total de 29 partidos e marcando un gol. No mercado estival da tempada 2011-12 fichou polo Recreativo de Huelva, da Segunda División, club no que tan só disputou dous partidos por desavinzas co seu adestrador. Debido a isto, decide abandonar o Decano.

No mercado de inverno ficha polo FC Cartagena, club da Segunda División, cuxo obxectivo era o ascenso á Primeira División e no que finalmente se cambian os obxectivos marcados a principios de tempada e pásase a loitar pola permanencia na categoría. No seu contraro figuraba a renovación automática do seu contrato por unha tempada máis se a permanencia era conseguida. Isto non se produciu, xa que a falta de dúas xornadas consumouse o descenso do cadro de xogadores máis caro até a data do fútbol cartaxeneiro.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Villarreal CF Primeira 2002-2003 2 0
Ciudad de Murcia Segunda 2003-2004 38 2
Villarreal CF Primeira 2004-2005 33 2
Villarreal CF Primeira 2005-2006 21 1
Osasuna Primeira 2006-2007 17 0
Osasuna Primeira 2007-2008 32 2
Osasuna Primeira 2008-2009 20 1
Real Valladolid Primeira 2009-2010 10 0
Xerez Club Deportivo Segunda 2010-2011 29 1
Recreativo de Huelva Segunda 2011 2 0
FC Cartagena Segunda 2012 17 0
Lugo Segunda 2012-2013 24 0
Hércules Segunda 2013-2014 16 0
Real Oviedo Segunda B 2014-2015 37 0
Real Oviedo Segunda 2015-2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]