Hércules Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hércules CF")
Hércules
Nome Hércules Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s) Herculanos
Branquiazuis
Fundación 1914
Estadio José Rico Pérez,
Alacant, España
Inauguración 1974
Capacidade 30.000
Presidente España Jesús García Pitarch
Adestrador España Quique Hernández
Liga Segunda División
2011–12
Vestimenta Nike
Patrocinador Comunitat Valenciana
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Hércules Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Alacant na Comunidade Valenciana. Fundouse en 1914 e federado en 1922, e actualmente milita na Segunda División de España.

Índice

Traxectoria [editar]

Posúe unha traxectoria de 19 tempadas en Primeira División, e 40 en Segunda. O seu maior logro en liga foi un 5º posto en Primeira, na tempada 1974-75, onde tras empatar a puntos co 4º clasificado, non disputou a Copa da UEFA pola diferenza de goles. En 1936 alcanzou a semifinal do Trofeo Presidente da II República, sendo ata a data o seu maior logro neste torneo.

O fundador do club inspirouse nos valores que representaba o heroe da mitoloxía grega Hércules para darlle nome ao club. O seu berro de guerra é Macho Hércules, e o seu xentilicio é herculano. O Elche Club de Fútbol é o seu rival histórico por excelencia, onde ambos os clubs manteñen dita rivalidade desde os seus inicios.

No verán do 2010, dentro dunha investigación xudicial, apareceron indicios de que o seu principal accionista, Enrique Ortiz, en conivencia co capitán, Tote, e o segundo capitán, Abraham Paz, realizou ofertas para comprar as derrotas voluntarias do Salamanca, o Córdoba, o Girona e o Recreativo. Tote tería mediado tamén no intento de pagar primas pola vitoria aos equipos que se enfrontaban aos rivais do Hércules polo ascenso a Primeira División.[1]

Uniforme [editar]

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas, pantalón negro e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta a franxas verticais negras e vermellos, pantalón negro e medias vermellas.

Estadio [editar]

Estadio José Rico Pérez.
Artigo principal: Estadio José Rico Pérez.

O Hércules xoga os seus partidos como local no Estadio José Rico Pérez. O estadio inaugurouse en 1974 cun partido ante o FC Barcelona (0-4) e que substituíu o antigo Campo La Viña. Ten capacidade para 30.000 persoas.

Actualmente é compartido co Alicante Club de Fútbol, que paga un aluguer ó club herculano, que é o propietario.

Datos do club [editar]

Xogadores [editar]

Cadro 2011/12 [editar]

Posto País Xogador
1 POR España Juan Carlos
2 MED España Rufete
3 DEF España Juanra Cabrero
4 DEF España Sergio Alejandro Díaz
5 DEF España Samuel Llorca Capitán
6 MED España Alberto Escassi
7 DEL España Urko Vera
8 MED España Míchel Herrero
9 DEL España David Aganzo
10 DEL España Tote Capitán
11 MED España Juanmi Callejón
12 MED España Joseba Del Olmo
14 MED Flag of Colombia.svg Abel Aguilar
15 DEF España Sergio Díaz
Posto País Xogador
16 DEF España Paco Peña Capitán
17 MED España Carlos Calvo
18 DEL España Cristian Hidalgo
19 MED España Diego Rivas
20 DEF España Pepe Mora
21 DEL España Adrián Sardinero
22 MED España Felipe Sanchón
23 DEF España Anaitz Arbilla
24 MED Flag of Portugal.svg Tiago Gomes Capitán
25 POR España Ismael Falcón
33 DEF España Pepe Sellés
35 MED España Brian Pallarés
36 DEL España Jefté Betancor
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Hércules B e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.

Palmarés [editar]

Torneos nacionais [editar]

Torneos amigables [editar]

Filial [editar]

Artigo principal: Hércules Club de Fútbol B.

O equipo filial do Hércules é o Hércules Club de Fútbol B, que xoga na Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Desde 1996, o seu maior logro foi xogar en Terceira División durante unha tempada. Foi fundado en 1996 como tal, aínda que ben é certo que o club tivo filial en anos atrás, como o Alicante CF polos anos 60, o Hércules Atlético desde 1974 ou posteriormente baixo as denominacións de Hércules Promesas, Mutxamel CF e CD Español de San Vicente respectivamente.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]