Xosé Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Domínguez
Información persoal
Nome Xosé Domínguez Vázquez
Nacemento 15 de xaneiro de 1962 (62 anos)
Lugar de nacemento Pontevedra
Altura 1,83 m
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Lemos
1984–1985 Palencia 14 (0)
1985–1986 Arosa SC 7 (0)
1986–2000 Lugo 220 (1)
Os rexistros co Lugo corresponden só entre 1992 e 2000
editar datos en Wikidata ]

Xosé Domínguez Vázquez, nado en Pontevedra o 15 de xaneiro de 1962, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Domínguez xogou durante case todo a súa carreira no CD Lugo, co que conseguiu o ascenso á Segunda División en 1992 e formando parte ao ano seguinte, tempada 1992–93, do equipo do CD Lugo que xogou na categoría de prata, descendendo ao final da mesma. Nesta campaña disputou 22 partidos, recibindo 22 goles e dúas 2 tarxetas amarelas. Na anterior tempada marcou un gol no Estadio Los Pajaritos ante o Numancia en Segunda B dende a súa propia portería.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]