Copa Xunta de Galicia 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na Copa Xunta de Galicia, celebrada entre 2006 e 2007, participaron oito conxuntos galegos. A vitoria final correspondeulle ao Celta de Vigo.

A Copa foi presentada no mes de abril de 2006 por Santi Domínguez, Director Xeral para o Deporte, Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, e mais por Julio Meana, presidente da Federación Galega de Fútbol.[1][2] A organización correu a cargo da Fundación Deporte Galego, a Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Fútbol. Contou coa participación dos clubs galegos que na tempada 2005-06 de fútbol estaban nas categorías de Primeira división, Segunda división ou Segunda división B. A Xunta considerou oportuno tamén invitar o CD Lugo para completar o número de oito equipos e facer dous grupos, norte e sur.[3]

No grupo norte participaron estes catro equipos: Deportivo da Coruña, Racing de Ferrol, SD Negreira e CD Lugo. No grupo sur participaron estes catro equipos: Celta de Vigo, Pontevedra CF, CD Ourense e o filial Celta de Vigo B. Os partidos desta primeira fase comezaron o 6 de agosto de 2006 e remataron o 6 de setembro de 2006. Os equipos que remataron nos dous primeiros lugares pasaron a disputa-las semifinais a partido único. A final tivo lugar no estadio Anxo Carro o 3 de xaneiro de 2007, e nela proclamouse vencedor o Celta de Vigo cun resultado de 2-3.

A competición non tivo carácter oficial por non ser aprobada pola Asemblea da Federación Galega de Fútbol.[4]

Malia que foi anunciada como “a primeira edición”,[3] o certo é que xa se disputara anteriormente outro torneo co título Copa Xunta de Galicia en 1989[5][6] do que resultara gañador o Centro de Deportes Barco.[7]

Fase de grupos[editar | editar a fonte]

Grupo norte[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX G E P GF GC GD
1. Racing de Ferrol 7 3 2 1 0 5 2 +3
2. CD Lugo 7 3 2 1 0 4 1 +3
3. Deportivo da Coruña 3 3 1 0 2 2 3 -1
4. SD Negreira 0 3 0 0 3 1 6 -5
6 de agosto - Xesús García Calvo (Negreira)
SD Negreira 1 Racing de Ferrol 3
9 de agosto - A Magdalena (Vilalba)
CD Lugo 1 SD Negreira 0
12 de agosto - Municipal (Xove)
CD Lugo 1 Racing de Ferrol 1
18 de agosto - Xesús García Calvo (Negreira)
SD Negreira 0 Deportivo da Coruña 2
30 de agosto - A Malata (Ferrol)
Racing de Ferrol 1 Deportivo da Coruña 0
6 de setembro - Anxo Carro (Lugo)
CD Lugo 2 Deportivo da Coruña 0

Grupo sur[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX G E P GF GC GD
1. Pontevedra CF 9 3 3 0 0 7 0 +7
2. Celta de Vigo 6 3 2 0 1 7 2 +5
3. CD Ourense 3 3 1 0 2 2 9 -7
4. Celta de Vigo B 0 3 0 0 3 1 5 -4
9 de agosto - O Couto (Ourense)
Celta de Vigo B 1 CD Ourense 2
14 de agosto - Barreiro (Vigo)
Celta de Vigo B 0 Pontevedra CF 1
17 de agosto - A Moreira (Xinzo de Limia)
CD Ourense 0 Celta de Vigo 5
20 de agosto - A Moreira (Xinzo de Limia)
CD Ourense 0 Pontevedra CF 4
30 de agosto - Barreiro (Vigo)
Celta de Vigo B 0 Celta de Vigo 2
6 de setembro - Pasarón (Pontevedra)
Pontevedra CF 2 Celta de Vigo 0

Fase final[editar | editar a fonte]

  Semifinais Final
             
11 de outubro 2006 Balaídos, Vigo
  Celta de Vigo 3  
  Racing de Ferrol 0  
 
3 de xaneiro 2007 Anxo Carro, Lugo
      CD Lugo 2
    Celta de Vigo 3
11 de outubro 2006 Anxo Carro, Lugo
  CD Lugo 2
  Pontevedra CF 0  


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nace la Copa Xunta como exaltación de los equipos gallegos". El Correo Gallego (en castelán). 26 de abril de 2006. 
  2. "La Copa Xunta queda pendiente de las fechas". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril de 2006. 
  3. 3,0 3,1 Dirección Xeral para o Deporte. Consellería de Cultura e Deporte. Xunta de Galicia; Fundación Deporte Galego. "PRIMEIRA COPA XUNTA DE GALICIA PARA CLUBES DE FUTBOL" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de xaneiro de 2007. Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  4. Carlos Castro. "Os despropósitos dun torneo chamado Copa Xunta". Páxina oficial do Cultural Maniños SD. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2008. Consultado o 29 de decembro de 2022. Oitavo porque nin existiu a delicadeza de catalogala como unha competición oficial ao non estar aprobada pola Asemblea da FGF 
  5. "El compostela quiere ganar la primera copa de la Xunta. Se han celebrado tres reuniones con miembros del fútbol. La Xunta tiene que dar el visto bueno a la I copa de tercera división". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 17 de maio de 1989. p. 56. Tras tres reuniones que han mantenido los representantes de la Asociación de Clubs de Fútbol de Tercera División, todo parece ultimado para el visto bueno de la Dirección Xeral de Deportes para que sea aprobado el presupuesto por la Conselleria de Cultura e Deportes. En la última reunión celebrada estuvo presente el director xeral de Deportes, el presidente y vicepresidente de la Federación Gallega, y los clubs de Compostela, Vista Alegre, Villalonga, Brigantium, Lemos y Gran Peña. El proyecto de la Copa Xunta de Galicia contempla una subvención de un millón de pesetas por cada equipo inscrito en la competición, que se iniciaría el día 11 de junio, una vez finalizada la competición de liga y los compromisos de los equipos pontevedreses, que en estos momentos, están compitiendo en la Copa Diputación de Pontevedra. El emparejamiento será por sorteo y a partido único, valiendo de este mismo sistema para designar el campo 
  6. "Los equipos gallegos de Segunda División B pretenden disputar este año la Copa Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de maio de 1989. p. 48. [...] Por otra parte, el conselleiro de Cultura e Deportes, director xeral y representantes de los equipos de Tercera División llegaron al acuerdo de poner en marcha la I Copa Xunta de Galicia para equipos de esa categoría. La competición se iniciará el día 11 de junio. Los equipos reciben un millón de pesetas por su inscripción y el cincuenta por ciento de las taquillas en las eliminatorias, que serán a partido único. 
  7. "La Voz de Galicia (Edición O Barco)". 4 de xullo de 1989: 30.