Estadio Municipal de Ipurua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Municipal de Ipurua
Pared del campo de Ipurua.JPG
Unha das paredes dunha esquina do campo
Datos
Localización Eibar, Guipúscoa
España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 14 de setembro de 1947
Estadio
Superficie Céspede natural
Dimensións 103 x 65 m
Capacidade 7.000
Propietario Concello de Éibar
Localía SD Eibar

O Estadio Municipal de Ipurua (en éuscaro: Ipurua Futbol Zelaia) é un estadio de fútbol situado na cidade de Éibar, en Guipúscoa. É de propiedade municipal e é a sede habitual da Sociedad Deportiva Éibar.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado o 14 de setembro de 1947 nun partido amigable entre o equipo local e o veciño CD Elgoibar co resultado de 0-2. A tribuna principal empezouse a levantar en 1948 quedándose aberto ao público en 1951. En 1959 plántase o céspede.

Dez anos máis tarde realizáronse as obras da cuberta de todo o estadio incluíndo todas as bancadas (excepto a bancada norte) cos primeiros postes de iluminación. É entón cando o estadio toma a forma que vemos actualmente. Para este evento organizouse un partido o 14 de outubro de 1970 entre os equipos máis importantes do País Vasco, Real Sociedad e Athletic de Bilbao. É por entón cando se construíndo as famosas Torres de Ipurua que dan ao campo unha aparencia singular.

En 1990 celebrouse o 50 aniversario do club cun partido co todopoderoso Ajax de Amsterdam que por aquel entón foi campión de Europa. O partido terminou cun 1-1 e un penalti fallado do mítico xogador eibarrés, Luluaga.

Durante máis de dúas décadas o campo foi de Terceira División e en tan só 3 anos conseguiu ser un dos 40 campos máis importantes de España ao ascender a Segunda División en 1988. É por iso que grazas á axuda do Concello e da Federación conseguiron axudas para modernizar o campo na súa integridade. Ata agora a capacidade do estadio foi de preto de 10.000 persoas (a maioría de pé). Foi entón cando se tiraron todas as bancadas para poder refacelas desde cero, esta vez incluíndo a bancada norte (a máis próxima ás torres). Tamén se intentaron ampliar un pouco as dimensións do campo incluíndo as bandas.

Ata entón os vestiarios atopábanse na bancada próxima ao Anexo (campo de adestramento) e xa entrado o século XXI conseguiuse que os vestiarios foran trasladados á bancada central onde ademais se incluían todo tipo de equipamentos como sala de musculación, jaccuzzi, etc. Hoxe en día, o estadio de Ipurua conta co certificado da UEFA.

Ata 1997 o Eibar adestraba no mesmo campo. Ese ano inaugurouse o Complexo Deportivo de Unbe onde o equipo adestra actualmente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]