Elche Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elche
Nome Elche Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s) Franjiverdes
Ilicitanos
Fundación 1922
Estadio Martínez Valero,
Elx, España
Inauguración 1976
Capacidade 39.750
Propietario
Presidente España José Sepulcre Coves
Adestrador España César Ferrando
Liga Segunda División
2011–12 11º
Vestimenta
Patrocinador
Web oficial
Na casa


Fóra


O Elche Club de Fútbol é un club de fútbol de España, constituído como SAD,[1] con sede social na cidade de Elx (Alacant).

Fundouse en 1922, coa unión de varios clubs da cidade, entre eles o Illice, o Sporting e o Gimnástica de Elche. Na tempada 1958-59 logra o seu primeiro ascenso a 1ª División, manténdose nesta categoría durante doce tempadas consecutivas. O seu maior éxito conségueo na tempada 1968-69 cando accede á final da Copa do Xeneralísimo, (actual Copa do Rei), proclamándose subcampión contra o Athletic Club.

Actualmente o club sitúase na vixésima primeira posición da Clasificación histórica de Primeira División, sendo o segundo mellor clasificado da Comunidade Valenciana por detrás do Valencia CF. Compite na Segunda División.

Índice

[editar] Uniforme

  • Primeiro equipamento: Camiseta branca cunha franxa horizontal verde, pantalón branco e medias brancas.
  • Segundo equipamento: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

[editar] Estadio

Artigo principal: Estadio Martínez Valero.

O Estadio Martínez Valero, foi inaugurado o 8 de setembro de 1976, substituíndo ao antigo campo de Altabix (1926). Obra do arquitecto Juan Boix Matarredona, é na actualidade o maior recinto deportivo da provincia de Alacant. Conta cun aforamento de 41.000 localidades, divididas en dúas gradarías. Ten unha altura de 18 metros e un peso de 100 millóns de quilos. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 108 metros de longo por 70 de ancho, e o aparcadoiro pode albergar 2.184 vehículos. O Martínez Valero dispón dun sistema de vixilancia por cámaras, unha rede de altofalantes e dous videomarcadores, situados nos aneis norte e sur do estadio.

O partido inaugural foi Elche C.F. - Selección de México, onde empataron a tres. Os goles do Elche C.F nese partido conseguíronos Finarolli, Orellana e Gómez Voglino. Ademais, nel xogouse a final da Copa do Rei da tempada 2002/03. Formou parte dos estadios onde levaron a cabo os partidos da Copa Mundial de Fútbol de 1982.[2]

O Elche Club de Fútbol dispuxo doutros estadios, como o El Clot, El Cementerio, Stadium de Elche (Campo de Don Jeremías) e do Altabix.

[editar] Datos do club

Visión do Martínez Valero nun partido do trofeo Festa d'Elx entre o Elche CF e o FC Barcelona en 2003.
  • Tempadas en : 19
    • Mellor posto: 5º (tempada 63-64)
  • Tempadas en : 34
    • Mellor posto: 1º (tempada 58-59)
  • Tempadas en 2ªB: 7
    • Mellor posto: 2º (tempada 96-97)
  • Tempadas en : 19
    • Mellor posto: 1º (tempada 57-58)

[editar] Denominacións

  • Elche Football Club (1923-1939).
  • Elche Club de Fútbol (1939-1997).
  • Elche Club de Fútbol Sociedad Anónima Deportiva (Desde 1997).

[editar] Xogadores

[editar] Cadro 2011/12

Posto País Xogador
1 POR España Leandro
2 DEF España Javier Carpio
4 DEF España Etxeita
6 MED España Luismi Loro
7 MED España Perico
8 MED España Mantecón Capitán
9 DEL España Ángel
10 MED España Kike Mateo
11 MED España Palanca
12 DEF Francia Grégory Béranger
14 DEL Dinamarca Nicki Bille
15 MED Flag of Argentina.svg Acciari
16 MED España Rúper
Posto País Xogador
17 MED España Xumetra
18 DEF España Pelegrín
19 DEL España Linares
20 MED España Generelo Capitán
21 DEF España Edu Albácar Capitán
22 DEF España Javier Flaño
23 MED España Jorge Luque
24 DEF España Hector Verdés
25 POR España Juan Carlos
26 MED España Javi Paños
27 DEF España Alexis Egea
28 DEF España Obele

[editar] Palmarés

[editar] Torneos nacionais

[editar] Torneos amigables

[editar] Distincións especiais

  • Trofeo Antuerpen[3] (1): 1966-67

[editar] Filial

Artigo principal: Elche Club de Fútbol Ilicitano.

O Elche Ilicitano é o equipo filial do Elche Club de Fútbol, chamado nas súas orixes Club Deportivo Ilicitano. Fundouse en 1932 coa intención de servir como canteira para o primeiro equipo. Actualmente milita no grupo IV da Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Na década de 1960 chegou a xogar en 2ª división.[4]

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas