Mauro Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quiroga
Información persoal
Nome completo Mauro Daniel Quiroga
Nacemento 7 de dec. de 1989 (25 anos)
Lugar Buenos Aires, Arxentina
Altura 1,91 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Alavés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2010 G. y E. de Conc. 28 (28)
2010–2012 Las Palmas 57 (12)
2013– Alavés 0 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 9 de xullo de 2013

Mauro Daniel Quiroga, nado en Buenos Aires o 7 de decembro de 1989, é un futbolista profesional arxentino que xoga de dianteiro no Deportivo Alavés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mauro Quiroga comezou a súa carreira no club arxentino de "Gimnasia y Esgrima de Concepción del Uruguay", participando no Torneo Argentino A, (terceiro nivel da liga). En xaneiro de 2010 tenta dar o salto á liga española, realizando unha proba co Córdoba CF, pero foi rexeitado por non posuír pasaporte comunitario, volvendo ao seu antigo club na Arxentina.

O verán dese mesmo ano ficha pola UD Las Palmas, tamén na segunda española. O seu debut oficial prodúcese en copa fronte ao Real Valladolid, finalizando cun 5-3 contrario ao seu equipo, pero non é até a xornada 14 cando volve a xogar, debutando en liga no Estadio de Gran Canaria e anotando o seu primeiro gol, que contribuíu á vitoria local por 2-1 ante o Rayo Vallecano. Na tempada 2012-13 xogou no Club Deportivo Lugo tamén da Segunda División, onde se lesionaou de gravidade na terceira xornada, non puidendo volver até os terreos de xogo até a antepenúltima xornada de liga ante o Guadalajara. Tras finalizar a campaña, logo dunha negociacióin, o Lugo decide non renovarlle o contrato, firmando posteriormente polo Deportivo Alavés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]