Estadio Romano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Romano
Datos
Localización Mérida, España
Construción
Inauguración 23 de maio de 1953
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 14.600
Propietario Concello de Mérida
Localía Mérida UD

O estadio Romano é un estadio de fútbol de propiedade municipal localizado en Mérida, España. Construiuse en 1954 e reconstruiuse na súa totalidade en 1995, con motivo do ascenso do Club Polideportivo Mérida a Primeira División. En setembro de 1997 bautizouse como Estadio Romano José Fouto,[1] en homenaxe a José Fouto Carvajal, presidente que levou ao club de Terceira a Primeira División. Tras a desaparición deste equipo, a finais do ano 2000, recuperou o seu nome orixinal.[2] Ten capacidade para 14.600 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Reinaugurouse nun partido oficial entre o CP Mérida e o Real Betis, na primeira xornada da Primera División de España 1995/96. Antigamente neste solar atopábase o estadio Municipal de Mérida, inaugurado en 1954, que contaba cunha pista de atletismo e unha capacidade para 8.000 espectadores. A Junta de Extremadura foi quen levou a cabo a remodelación, construíndo uns novos fondos e remodelando ambas tribunas, eliminando a pista de atletismo e mellorando os accesos, iluminación, son, céspede natural, seguridade, dotando de cubertas ás dúas tribunas e adoptando a actual denominación.

O estadio acolle os partidos como local do Mérida UD e do Imperio CP, os dous conxuntos locais máis destacados. Anteriormente acolleu os partidos como local do CP Mérida nos que pasou pola Copa do Rei, Primeira División, Segunda División, Segunda División B e Terceira División de España.[3]

O recinto, ademais, acolleu un partido internacional valedeiro para a Clasificación para o Mundial 2010 entre España e Estonia, desputado o 9 de setembro de 2009, con resultado de España 3-0 Estonia,[4] que lle sirviu a España para conseguir a clasificación.

Foi subsede de fútbol na candidatura olímpica de Madrid 2016.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Romano

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]