Juan Carlos Martín Corral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Carlos
Información persoal
Nome Juan Carlos Martín Corral
Nacemento 20 de xaneiro de 1988 (36 anos)
Lugar de nacemento Guadalaxara
Altura 1,89 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Girona FC
Número 1
Carreira xuvenil
2000–2005 Guadalajara
2005–2007 Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005 Guadalajara 6 (0)
2007–2011 Rayo Vallecano B 147 (0)
2011 Rayo Vallecano 1 (0)
2011–2013 Hércules 9 (0)
2013–2015 Córdoba 43 (0)
2015–2016 Rayo Vallecano 21 (0)
2016–2017 Elche 40 (0)
2017–2019 Lugo 78 (1)
2019– Girona 110 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 2 de setembro de 2022editar datos en Wikidata ]

Juan Carlos Martín Corral, máis coñecido como Juan Carlos, nado o 20 de xaneiro de 1988 en Guadalaxara, é un futbolista español que xoga como porteiro no Girona, da Primeira División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Guadalaxara, Juan Carlos formouse nas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o CD Guadalajara. Na temporada 2004–05 debutou co primeiro equipo da Terceira División. O 26 de xullo de 2005 asinou polo Rayo Vallecano, onde continuou a formarse nas categorías inferiores. Tras dous anos, en 2007 foi ascendido ao filial do club madrileño, converténdose no porteiro titular do equipo, onde conseguiu o ascenso á Segunda División B. Juan Carlos debutou como profesional o 4 de xuño de 2011, saíndo como gardameta titular do primeiro equipo na derrota por 2-3 ante o FC Barcelona B, partido da Segunda División disputado no Campo de Fútbol de Vallecas.[1]

Tras o ascenso do Rayo á Primeira División, Juan Carlos asinou co Hércules CF de Segunda. No equipo alacantino permaneceu dúas temporadas, xogando na primeira delas o playoff de ascenso a Primeira. Na súa segunda temporada acabou por perder a titularidade, feito que motivou a súa saída do club tras declinar renovar o seu contrato. No período de fichaxes de 2013 asinou polo Córdoba, onde se converteu pronto no porteiro titular acadando co equipo andaluz o ascenso á Primeira División. O seu debut na máxima categoría produciuse o 25 de agosto de 2014 na derrota do seu equipo por 0-2 ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu. Ese ano disputou até 32 encontros, nos que o seu equipo conseguiu tan só tres vitorias: fronte o Athletic Club, o Granada CF e o Rayo Vallecano, deixando neses tres partidos a portería a cero.

Tras o descenso do Córdoba, ao ano seguinte regresou ao Rayo Vallecano, esta vez equipo de Primeira, onde xogou 21 partidos. Tras volver descender, ao ano seguinte asinou polo Elche de Segunda División, onde foi titular durante todo a temporada. Con todo, o equipo descendeu á Segunda B, o que provocou que Juan Carlos procurase un novo equipo.

O 28 de xuño de 2017 o Club Deportivo Lugo de Segunda anunciou a súa incorporación cun contrato por dúas temporadas.[2] Foi titular indiscutible durante os seus dous anos en Lugo e no primeiro deles marcou un gol contra o Sporting de Gijón no Anxo Carro, cun disparo dende uns 60 metros que sorprendeu o porteiro rival, o galego Diego Mariño.[3][4] Pechou o seu paso polo club lugués con 78 partidos disputados.

Tras quedar libre asinou polo Girona, tamén da Segunda División. Na súa primeira tempada sufriu unha lesión nunha man que lle fixo perder varios partidos, e trala súa recuperación tocoulle ser suplente, debido ao bo estado de forma de Asier Riesgo.[5][6] Fíxose co posto de titular indiscutible a partir da segunda tempada, e na terceira conseguiu o ascenso á Primeira División.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles Rec.
Rayo Vallecano B Terceira 2006−2007 9 15
Rayo Vallecano B Terceira 2007−2008 39 27
Rayo Vallecano B Terceira 2008−2009 37 26
Rayo Vallecano B Terceira 2009−2010 28 15
Rayo Vallecano B Segunda B 2010−2011 34 30
Rayo Vallecano Segunda 2010−2011 1 3
Hércules Segunda 2011−2012 6 5
Hércules Segunda 2012−2013 5 10
Córdoba Segunda 2013−2014 15 9
Córdoba Primeira 2014−2015 32 56
Rayo Vallecano Primeira 2015−2016 21 36
Elche Segunda 2016−2017 40 60
Lugo Segunda 2017−2018 38 42
Lugo Segunda 2018−2019 40 50
Girona Segunda 2019−2020 21 27
Girona Segunda 2020−2021 44 36
Girona Segunda 2021−2022 42 41

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Soberbio punto y final del filial en el adiós de Vallecas a Segunda". Marca (en castelán). 4 de xuño de 2011. 
  2. "Juan Carlos, nuevo jugador del CD Lugo". CD Lugo. 28 de xuño de 2017. 
  3. "Deportivo Lugo, il portiere segna così". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  4. "Watch: Amazing goal as Lugo goalkeeper scores from own half". BBC (en inglés). 24 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  5. "Riesgo se convierte en una alternativa real a Juan Carlos". As (en castelán). 9 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  6. Sebastián, Joel (29 de xuño de 2021). "Juan Carlos se gana la renovación con el Girona hasta 2023". Marca (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]