Yoel Rodríguez Oterino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yoel
Información persoal
Nome Yoel Rodríguez Oterino
Nacemento 28 de agosto de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,86 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Valladolid
Número 13
Carreira xuvenil
Colexio Fogar
1999–2006 Celta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2009 Celta B 66 (0)
2009– Celta 78 (0)
2012–2013Lugo (cedido) 33 (0)
2014–2015Valencia (cedido) 2 (0)
2015–2017 Valencia 0 (0)
2015–2016Rayo Vallecano (cedido) 9 (0)
2016–2017Eibar (cedido) 24 (0)
2017– Eibar 1 (0)
2018–Valladolid (cedido) 24 (0)
Selección nacional
2006–2007 España sub-19 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de maio de 2017.
Selección: actualizado a 19 de outubro de 2014.editar datos en Wikidata ]

Yoel Rodríguez Oterino, nado en Vigo o 28 de agosto de 1988, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o Real Valladolid da Liga 1|2|3, onde xoga cedido polo SD Eibar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Yoel co CD Lugo.

Un produto da canteira celeste, Yoel ascendeu ao primeiro equipo na tempada 2009–10[1] para xogar na Segunda División. A súa estrea co equipo produciuse o 2 de setembro de 2009 ante o Real Unión de Irún. Con todo, non foi ata o 20 de marzo de 2010 cando unha baixa por sanción do seu compañeiro Ismael Falcón lle permitiu debutar co Celta en liga. No partido, que os enfrontaba co Cartagena C. F., Yoel tivo unha notable actuación e o Celta acabou gañando por 1-0.

Na campaña 2010–11, Yoel volvería a comezar de gardameta suplente, pero unha lesión de Falcón permitiulle disputar os últimos partidos de liga e a eliminatoria de ascenso a Primeira División, onde o Celta caería eliminado en primeira rolda a mans do Granada CF.

Tras a marcha de Ismael Falcón ao Hércules CF,[2] Yoel comezou a tempada 2011–12 como titular indiscutible. O cérbero vigués chegaría mesmo a acumular 589 minutos consecutivos sen encaixar un gol, pero unha desafortunada lesión fronte o Real Murcia deixouno a 5 minutos de superar o récord de imbatibilidade na portería céltica ostentado por Pablo Cavallero. A lesión, que o mantivo varias semanas de baixa, abriulle o paso á titularidade ao tamén canteirán Sergio, o cal lle acabaría quitando o posto deica o final de liga.

En 2012,[3] malia o ascenso do Celta a Primeira División, Yoel non cambiaría de categoría. A chegada de Javi Varas á portería celeste desde o Sevilla FC supuxo a cesión de Yoel ao CD Lugo, equipo que acababa de ascender á división de prata do fútbol español. Tras unha tempada na que conseguiu ser un dos mellores gasrdametas da Liga, quedando no terceiro posto do Trofeo Zamora, volve ao seu club de orixe para xogar na Primeira División.

Internacional[editar | editar a fonte]

O 10 de febreiro de 2010, tras unha serie de boas actuacións na Copa do Rei,[4] foi convocado por Juan Ramón López Caro para participar nunha concentración da selección española sub-21.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División País Partidos Goles
2005-2006 Celta de Vigo B Segunda B Galicia Galicia 8 9
2006-2007 Celta de Vigo B Segunda B Galicia Galicia 13 20
2007-2008 Celta de Vigo B Segunda B Galicia Galicia 9 15
2008-2009 Celta de Vigo B Segunda B Galicia Galicia 36 24
2009-2010 Celta de Vigo Segunda Galicia Galicia 7 10
2010-2011 Celta de Vigo Segunda Galicia Galicia 12 16
2011-2012 Celta de Vigo Segunda Galicia Galicia 25 22
2012-2013 Lugo Segunda Galicia Galicia 33 36
2013-2014 Celta de Vigo Primeira Galicia Galicia 35 52
2014-2015 Valencia Primeira España España 2 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trashorras acerca al Celta a la salvación", Palco deportivo (21 de marzo de 2010).
  2. "Una lesión muscular impide a Yoel superar el récord de imbatibilidad de Cavallero", La Voz de Galicia (4 de febreiro de 2012)
  3. "O CD Lugo presenta a Yoel" Arquivado 01 de outubro de 2013 en Wayback Machine.. El Progreso. Consultado o 29 de xullo de 2012.
  4. Convocatoria da selección española sub-21 Arquivado 23 de novembro de 2013 en Wayback Machine.. RFEF (10 de febreiro de 2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]