Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Futbol Club Barcelona B é un club de fútbol catalán, da cidade de Barcelona. Fundouse en 1970 mediante a fusión do CD Condal e o Atlètic Catalunya e xoga actualmente na Segunda División de España. Trátase do primeiro equipo filial do Futbol Club Barcelona.
Polo Barça B pasaron os mellores xogadores que chegaron ao FC Barcelona procedentes da canteira barcelonista, como Guardiola, Víctor Valdés, Andrés Iniesta, Puyol, Xavi ou Leo Messi.
Inicialmente denominado CF Barcelona Atlético, foi fundado en 1970, baixo a presidencia de Agustí Montal Jr., froito da fusión e integración definitiva ao FC Barcelona do Club Deportivo Condal e do Atlètic Catalunya, dous clubs cataláns que a finais dos anos 60 asociáronse ao Futbol Club Barcelona.
O Barcelona Atlético creouse para que os mozos xogadores formados nas categorías inferiores da canteira barcelonista puidesen completar a súa formación competindo ante xogadores profesionais. En 1974 cambiou o seu nome a FC Barcelona Atlètic. En 1991 renomeuouse a FC Barcelona B por imperativo da RFEF. En 2008 recuperou o nome de FC Barcelona Atlètic e en 2010, coa chegada do presidente Rosell, mudou de novo a súa denominación a FC Barcelona B.[1]
Vista exterior do Mini Estadi.
O estadio do Barcelona Atlètic é o Mini Estadi, con capacidade para 15.276 espectadores e cunhas dimensións de 103 x 65 metros. Está situado xunto ó Camp Nou, estadio no que xoga o FC Barcelona.
Datos do club [editar]
Historial na liga [editar]
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1970/71 |
3ª |
4º |
| 1971/72 |
3ª |
19º  |
| 1972/73 |
Rexional |
1º  |
| 1973/74 |
3ª |
1º  |
| 1974/75 |
2ª |
10º |
| 1975/76 |
2ª |
6º |
| 1976/77 |
2ª |
20º  |
| 1977/78 |
2ªB |
5º |
| 1978/79 |
2ªB |
4º |
| 1979/80 |
2ªB |
14º |
| 1980/81 |
2ªB |
3º |
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1981/82 |
2ªB |
1º  |
| 1982/83 |
2ª |
11º |
| 1983/84 |
2ª |
7º |
| 1984/85 |
2ª |
9º |
| 1985/86 |
2ª |
13º |
| 1986/87 |
2ª |
13º |
| 1987/88 |
2ª |
8º |
| 1988/89 |
2ª |
17º  |
| 1989/90 |
2ªB |
2º |
| 1990/91 |
2ªB |
1º  |
| 1991/92 |
2ª |
6º |
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1992/93 |
2ª |
8º |
| 1993/94 |
2ª |
8º |
| 1994/95 |
2ª |
6º |
| 1995/96 |
2ª |
14º |
| 1996/97 |
2ª |
19º  |
| 1997/98 |
2ªB |
1º  |
| 1998/99 |
2ª |
20º  |
| 1999/00 |
2ªB |
11º |
| 2000/01 |
2ªB |
9º |
| 2001/02 |
2ªB |
1º |
| 2002/03 |
2ªB |
2º |
Xogadores históricos destacados foron, entre outros, Sergio Busquets, Cesc Fàbregas, Bojan Krkić, Pedro Rodríguez Ledesma ou Víctor Valdés.
Cadro 2010/11 [editar]
Actualizado a 1 de setembro de 2010.
Torneos nacionais [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]