Umbro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Umbro é unha marca inglesa de fútbol, con sede en Cheadle, Gran Manchester. Umbro deseña, e pon en venda a súa roupa relacionada co fútbol, o calzado e os equipamentos, sendo os seus produtos vendidos en máis de 90 países de todo o mundo. En outubro de 2007 foi comprada pola súa competidora estadounidense, Nike.
Umbro é a actual provedora de roupa deportiva de Inglaterra, Perú, Suecia , Irlanda, Guatemala, a FA e a FA Cup.
A compañía foi fundada en 1910 en Wilmslow, Cheshire como Humphreys Brothers Clothing. En 1924 cambiou o seu nome a Umbro, unha contracción do nome anterior Humphreys Brothers.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Sitio web de Umbro (en inglés)