Gran Premio de Alemaña de 1959

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1959
Detalles da carreira
Carreira 6 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959.
Trazado do circuíto de AVUS
Trazado do circuíto de AVUS
Data 2 de agosto de 1959
Nome oficial XXI Großer Preis von Deutschland
Localización Automobil-Verkehrs- und Übungs-Straße
Berlín Oeste, Alemaña
Percorrido Estrada pública / instalacións permanentes de carreiras
8´300 km
Distancia 2x30 voltas, 498 km
Clima Seco e cuberto
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari
Tempo 2:05.9
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari
Tempo 2:04.5
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari
Segundo Flag of the United States.svg Dan Gurney Ferrari
Terceiro Flag of the United States.svg Phil Hill Ferrari

O Gran Premio de Alemaña de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 2 de agosto de 1959 no circuíto de AVUS, era a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 21º Gran Premio de Alemaña e a segunda vez que a carreira non tivo lugar en Nürburgring. AVUS aloxara anteriormente o Gran Premio de Alemaña en 1926. A carreira levouse a cabo en dúas series de 30 voltas ao circuíto de oito quilómetros, cunha distancia total de carreira de 498 quilómetros.

Nun formato de carreira de Fórmula Un único, o primeiro, segundo e terceiro postos foron ocupados todos polo mesmo equipo, a Scuderia Ferrari. O piloto británico Tony Brooks foi declarado gañador por diante dos seus compañeiros de equipo os americanos Dan Gurney e Phil Hill. Os tres pilotaban un Ferrari Dino 246.

Informe da carreira[editar | editar a fonte]

A pista, moi simple, consistía nunha moi rápida recta a ambos os dous lados dunha estrada de dobre calzada, interrompida nun extremo por unha pinza e no outro por unha incrible curva cun peralte de 43 graos de inclinación.

Tamén de xeito único na historia do Campionato Mundial de Fórmula 1, a carreira dividiuse en dúas series. Na primeira, Tony Brooks e Dan Gurney tomaron a dianteira. Masten Gregory nun Cooper - Climax loitou duro con eles, pasando primeiro a un Ferrari e logo ao outro, liderando a carreira ata que rompeulle un perno da biela. Foi un triplete de Ferrari, con Phil Hill logrando o podio final. Na segunda manga, unha vez máis os Ferrari tiveron que loitar polo liderado, esta vez con Bruce McLaren, ata que sufriu problemas na caixa de cambios. O resultado total acumulado, foi un podio pleno de Ferrari nesta orde, Brooks, Gurney, Hill. Maurice Trintignant foi o cuarto por diante de Jo Bonnier e Ian Burgess. Esta foi a carreira máis rápida da Fórmula Un rexistrada ata ese momento, cunha velocidade media de 230´136 quilometros por hora. Hans Herrmann estrelou o seu BRM P25 na quinta volta da segunda manga.

O ex piloto de Ferrari, o francés Jean Behra morreu o día antes da carreira cando participaba nunha carreira de Fórmula 2 previa en dito circuíto, nun Porsche RSK, saíu despedido do seu auto e feriuse mortalmente cando golpeou cun hasta de bandeira, causandolle unha fractura de cranio.

Os resultados mostran a incompatibilidade coas normas que se aplicaban nesa época. De acordo coas regras da Fórmula Un da época, aqueles pilotos que se retiraban antes do final do Gran Premio só se clasificaban se empuxaban o coche por encima da liña logo da chegada. Esta regra non se aplicou a Harry Schell, quen se retirou unhas 11 voltas antes do final. Con todo, a regra aplicouse noutras carreiras, como o Gran Premio de Bélxica de 1960. As regras aclararonse máis tarde, en 1966. [1]

A vitoria permitiulle a Brooks reducir a catro puntos a vntaxe do líder do campionato, o piloto australiano de Cooper, Jack Brabham.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 4 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari 60 2:09:31.6 1 9
2 6 Flag of the United States.svg Dan Gurney Ferrari 60 + 2.9 3 6
3 5 Flag of the United States.svg Phil Hill Ferrari 60 + 1:04.8 6 4
4 8 Francia Maurice Trintignant Cooper-Climax 59 + 1 volta 12 3
5 9 Flag of Sweden.svg Jo Bonnier BRM 58 + 2 voltas 7 2
6 18 Flag of the United Kingdom.svg Ian Burgess Cooper-Maserati 56 + 4 voltas 15
7 10 Flag of the United States.svg Harry Schell BRM 49 + 11 voltas 8
Ret 2 Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren Cooper-Climax 36 Transmisión 9
Ret 11 Alemaña Hans Herrmann BRM 36 Accidente 11
Ret 3 Flag of the United States.svg Masten Gregory Cooper-Climax 23 Motor 5
Ret 1 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 15 Transmisión 4
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill Lotus-Climax 10 Caixa de cambios 10
Ret 15 Flag of the United Kingdom.svg Innes Ireland Lotus-Climax 7 Diferencial 13
Ret 17 Flag of the United Kingdom.svg Cliff Allison Ferrari 2 Embrague 14
Ret 7 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Cooper-Climax 1 Transmisión 2
NTS 12 Francia Jean Behra Behra-Porsche-Porsche Accidente mortal
NTS 14 Alemaña Wolfgang von Trips Porsche Retirouse

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Clasificación no campionato de pilotos
Pos Piloto Puntos
Nuvola single chevron right.svg 1 Australia Jack Brabham 27
Nuvola single chevron right.svg 2 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks 23
Nuvola single chevron right.svg 3 Flag of the United States.svg Phil Hill 13
1uparrow green.svg 2 4 Flag of Sweden.svg Joakim Bonnier 10
1uparrow green.svg 4 5 Francia Maurice Trintignant 9
Clasificación do campionato de construtores
Pos Construtor Puntos
Nuvola single chevron right.svg 1 Flag of the United Kingdom.svg Cooper-Climax 29
Nuvola single chevron right.svg 2 Italia Ferrari 24
Nuvola single chevron right.svg 3 Flag of the United Kingdom.svg BRM 16
Nuvola single chevron right.svg 4 Flag of the United Kingdom.svg Lotus-Climax 3
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hayhoe, David & Holland, David (2006). Grand Prix Data Book (4th edition). Haynes, Sparkford, UK. ISBN 1-84425-223-X

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1959


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1959
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1959
Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 1959
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1958
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1961