Lucien Bianchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucien Bianchi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Milán, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de marzo de 1969 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Le Mans, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1969)
Reino de Italia (1934–1946)
Bélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo , piloto de motociclismo , piloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMauro Bianchi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Luciano Bianchi, nado en Milán (Italia) o 10 de novembro de 1934 e finado en Le Mans o 30 de marzo de 1969, foi un piloto italo-belga, que competiu para os equipos Cooper, ENB, UDT Laystall e Scuderia Centro Sud, na Fórmula Un. participou nun total de 19 carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula Un, anotando seis puntos e o seu mellor resultado foi o terceiro posto no Gran Premio de Mónaco de 1968.

Morreu nun choque preparando as 24 Horas de Le Mans de 1969.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse a Bélxica en 1946 cando aínda era un neno, co seu pai que traballaba como mecánico de carreiras, antes da segunda guerra mundial, no departamento de competición de Alfa Romeo.[1] O seu sobriño neto, Jules Bianchi, que fixo o seu debut na Fórmula 1 co equipo Marussia na tempada 2013 competindo baixo a bandeira francesa, tamén morreu como resultado de lesións sufridas nun accidente de carreira.

Andaina nas carreiras[editar | editar a fonte]

A primeira carreira de Lucien Bianchi foi o Alpine Rally en 1951. Gañou o Tour de France de 1957, 1958 e 1959, así como a carreira de coches deportivos París 1000 os seus últimos dous anos.

Comezou na Fórmula Un en 1959, aínda que só con aparicións esporádicas ao principio. Pilotou varios coches baixo a bandeira do equipo ENB, incluíndo un Cooper T51, un Lotus 18 e un Emeryson. Logo dun par de carreiras para o equipo UDT Laystall en 1961, pilotando outro Lotus, volveu a ENB para quen pilotou o seu ENB-Maserati. Finalmente conseguiu un paso máis regular na Fórmula Un en 1968, co equipo de Cooper-BRM, aínda que o éxito foi esquivo malia un comezo brillante. Bianchi logrou o seu mellor rendemento na Fórmula 1, terminando terceiro no Gran Premio de Mónaco de 1968, na súa primeira carreira con Cooper.[2]

Bianchi tamén competiu en carreiras de coches de turismo, automóbiles deportivos e coches de rally, tendo exitoso en todas as disciplinas, a súa vitoria máis grande foi nas 24 Horas de Le Mans de 1968, ao volante dun Ford GT40 con Pedro Rodríguez e en Sebring en 1962 con Jo Bonnier. Tamén lideraba o London-Sydney Marathon cando oseu Citroën DS chocou cun coche que non competía.

Morreu cando o seu Alfa Romeo T33 trompeou e bateu contra un poste de telégrafo durante unhas probas no Circuíto de Le Mans en 1969.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Pts.
1959 Equipe National Belge Cooper T51 (F2) Climax V8 MON
NSC
500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0
1960 Equipe National Belge Cooper T51 Climax 4 en liña ARX MON 500 NED BEL
6
24º 1
Fred Tuck Cars Cooper T51 Climax 4 en liña FRA
Ret
GBR
Ret
POR ITA USA
1961 Equipe National Belge Emeryson 1001 Maserati 4 en liña MON
NSC
NED NC 0
Lotus 18 Climax 4 en liña BEL
Ret
UDT Laystall Racing Team Lotus 18/21 Climax 4 en liña FRA
Ret
GBR
Ret
ALE ITA USA
1962 Equipe National Belge Lotus 18/21 Climax 4 en liña NED MON BEL
9
FRA GBR NC 0
ENB Maserati 4 en liña ALE
16
ITA USA RSA
1963 Reg Parnell Racing Lola Mk4 Climax V8 MON BEL
Ret
NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA NC 0
1965 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 RSA MON BEL
12
FRA GBR NED ALE ITA USA MEX NC 0
1968 Cooper Car Co. Cooper T86B BRM V12 RSA ESP MON
3
BEL
6
NED
Ret
FRA GBR ALE
Ret
ITA CAN
NC
USA
NC
MEX
Ret
17º 5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lucien Bianchi brief obituary". Autocar. 130 (nbr 3816): 25. 3 de abril de 1969. 
  2. "Lucien Bianchi 1968 Results". Formula. Formula One Administration Ltd. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-09-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]