Gran Premio de Francia de 1959

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francia Gran Premio de Francia de 1959
Detalles da carreira
Carreira 4 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959.
Trazado do circuíto de Reims-Gueux.
Trazado do circuíto de Reims-Gueux.
Data 5 de xullo de 1959
Nome oficial XLV Grand Prix de l'ACF
Localización Reims-Gueux, Reims, Francia
Percorrido Circuíto de estrada
8´348 km
Distancia 50 voltas, 417´383 km
Clima Moi calido, seco
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari
Tempo 2:19.4
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss BRM
Tempo 2:22.8
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari
Segundo Flag of the United States.svg Phil Hill Ferrari
Terceiro Australia Jack Brabham Cooper-Climax

O Gran Premio de Francia de 1959 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Reims-Gueux, o 5 de xullo de 1959. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 37º Gran Premio de Francia e o duodécimo que se celebrou no circuíto de estrada de Reims-Gueux e o cuarto, que se celebrou no trazado máis rápido de 8´348 km.. A carreira clebrouse sobre 50 voltas ao circuíto de máis de oito quilómetros cunha distancia de carreira de 417 quilómetros.

Informe[editar | editar a fonte]

A carreira foi gañada polo piloto británico Tony Brooks pilotando un Ferrari Dino 246. Brooks dominou a carreira, liderando as 50 voltas e gañou por 27 segundos sobre o seu compañeiro na Scuderia Ferrari, o americano Phil Hill. Brooks dixo logo da carreira que quedaralle o acelerador agarrotado nas últimas voltas, o fixo máis difícil o resultado do que parecía. O piloto australiano Jack Brabham quedou a máis dun minuto, na terceira posición, pilotanod un Cooper T51 para o equipo de fábrica de Cooper.

O día da carreira ía moita calor, ata o punto que o betume do asfalto comezou a fundirse. Os coches de carreiras lanzaban as pedras do asfalto, que foron a causa da retirada do americano Masten Gregory con cortes na cara, e de Graham Hill co seu Lotus 16 logo de que o seu radiador resultara furado.

Stirling Moss foi descualificado da oitava posición por recibir un empuxón para arrancar o seu BRM P25. Moss apretara duro tratando de superar un defecto na caixa de cambios, logrando unha nova marca de volta. Jean Behra tamén farzara o seu Ferrari 246, subindo ao terceiro posto logo de aiantar a non menos de catro compañeiros de equipo nesta carreira. O motor de Behra rompeu debido ao esforzo e o francés tivo unha acalorada discusión co director do equipo Romolo Tavoni, que terminou con Behra a puñadas con Tavoni. Sería a última carreira de Behra con Ferrari, co francés despedido polo ataque.[1]

A vitoria foi a primeira da tempada para a Scuderia Ferrari e colocou a Brooks en segundo lugar no campionato, cinco puntos por detrás de Brabham. A segunda posición de Hill situouno terceiro no campionato.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 24 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari 50 2:01:26.5 1 8
2 26 Flag of the United States.svg Phil Hill Ferrari 50 + 27´5 3 6
3 8 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 50 + 1:37.7 2 4
4 22 Bélxica Olivier Gendebien Ferrari 50 + 1:47.5 11 3
5 12 Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren Cooper-Climax 50 + 1:47.7 10 2
6 44 Flag of the United Kingdom.svg Ron Flockhart BRM 50 + 2:05.7 13
7 6 Flag of the United States.svg Harry Schell BRM 47 + 3 voltas 9
8 40 Italia Giorgio Scarlatti Maserati 41 + 9 voltas 21
9 42 Flag of the Netherlands.svg Carel Godin de Beaufort Maserati 40 + 10 voltas 20
10 38 Flag of Brazil.svg Fritz d'Orey Maserati 40 + 10 voltas 18
11 14 Francia Maurice Trintignant Cooper-Climax 36 + 14 voltas 8
Ret 30 Francia Jean Behra Ferrari 31 Motor 5
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Roy Salvadori Cooper-Maserati 20 Motor 16
Ret 28 Flag of the United States.svg Dan Gurney Ferrari 19 Radiador 12
Ret 34 Flag of the United Kingdom.svg Innes Ireland Lotus-Climax 14 Roda 15
Ret 18 Flag of the United Kingdom.svg Ian Burgess Cooper-Maserati 13 Motor 19
Ret 10 Flag of the United States.svg Masten Gregory Cooper-Climax 8 Problemas físicos 7
Ret 32 Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill Lotus-Climax 7 Radiador 14
Ret 20 Flag of the United Kingdom.svg Colin Davis Cooper-Maserati 7 Fuga aceite 17
Ret 4 Flag of Sweden.svg Jo Bonnier BRM 6 Motor 6
DSC 2 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss BRM 42 Descalificado 4 1
DNS 36 Flag of Uruguay.svg Azdrubal Fontes Maserati

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Clasificación no campionato de pilotos
Pos Piloto Puntos
1rightarrow blue.svg 1 Australia Jack Brabham 19
1uparrow green.svg 2 2 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks 14
1uparrow green.svg 6 3 Flag of the United States.svg Phil Hill 9
1downarrow red.svg 2 4 Flag of Sweden.svg Joakim Bonnier 8
1downarrow red.svg 2 5 Flag of the United States.svg Rodger Ward 8
Clasificación do campionato de construtores
Pos Construtor Puntos
1rightarrow blue.svg 1 Flag of the United Kingdom.svg Cooper-Climax 18
1uparrow green.svg 1 2 Italia Ferrari 16
1downarrow red.svg 1 3 Flag of the United Kingdom.svg BRM 8
1rightarrow blue.svg 4 Flag of the United Kingdom.svg Lotus-Climax 3
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Williamson, Martin (December 18, 2009). "Grit, punches and shattered goggles". ESPN F1. http://en.espnf1.com/f1/motorsport/story/5286.html. Consultado o November 28, 2011.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1959


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1959
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1959
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1959
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1958
Gran Premio de Francia Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1960