Alta Car and Engineering Company

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of the United Kingdom.svg Alta
Nome completo Alta Car and Engineering Company
Bandeira Flag of the United Kingdom.svg
Baseada en Surbiton, Surrey, Reino Unido
Tempadas en activo 3 (1950 - 1952)
Número de pilotos Flag of the United Kingdom.svgGeoffrey Crossley
Flag of Ireland.svgJoe Kelly
Flag of the United Kingdom.svgGraham Whitehead
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1950
Carreiras 5
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1952
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:

Alta Car and Engineering Company foi un fabricante británico de autos deportivos e coches de competición, coñecido simplemente como Alta. Os seus coches disputaron cinco carreiras do Campionato do Mundo da FIA entre 1950 e 1952, así como en carreiras anteriores ao Campionato do Mundo. Tamén forneceu motores a un pequeno número doutros construtores, sobre todo aos equipos Connaught e HWM.

Inicios[editar | editar a fonte]

A compañía foi fundada polo enxeñeiro Geoffrey Taylor de Surbiton, Surrey, e produciu o seu primeiro automóbil en 1929. O primeiro vehículo de Alta foi un coche deportivo cun motor de 1.1L, que deseñou o mesmo Taylor. Foron construídos trece, dos cales cinco créese que sobreviviron.

Un modelo Alta de competición de antes da II guerra mundial (1938), con rodas traseiras dobres para maior tracción en eventos hillclimb.
O deseñador de coches John Crosthwaite no seu Alta 1100cc Alta de 1937

Este deseño, e os posteriores de 1´5L e 2L, vendeuse de xeito constante, pero en número limitado, ata o estalido da guerra en 1939. Coa opción do motor máis potente o coche era capaz de acadar os 120 km/h e de 0-100 kmh en 7 segundos. Fíxose popular entre os corredores debido á súa capacidade para ser convertido facilmente de 1´5L a 2L ou viceversa, permitindo aos pilotos cun orzamento limitado poder competir en máis dunha clase sen ter que comprar un segundo coche.

Un modelo Alta de competición de preguerra

En 1934, Taylor produciu o primeiro Alta destinado exclusivamente á competición. O coche era lixeiro e, dun só asento conseguiu unha gran reputación nas carreiras máis curtas, tales como hillclimbings, sprints , e contrarreloxo. Unha vez máis, o baixo custo de Alta, en comparación cos custosos modelos ERA, deu lugar a moitas vendas aos corredores afeccionados. Con todo, a falta de fiabilidade mantivo o nome de Alta lonxe dos Grandes Premios. En 1937 apareceu un deseño revisado, con suspensión dianteira independente. George Abecassis tivo certo éxito con este deseño, gañando unha serie de carreiras antes da Segunda Guerra Mundial. Cando se achegaba a guerra, Taylor deseñaba un novo motor 8 en liña e un coche de terceira xeración, esta vez con suspensión independente total. Este último coche era moi avanzado para a súa época, e estaba case completo a finais de 1939. Pero, se declarou a guerra, a fábrica de Alta foi entregada ao esforzo de guerra, e a produción dos novos deseños detívose.

Posguerra[editar | editar a fonte]

Alta GP[editar | editar a fonte]

Malia o pequeno tamaño de Alta, e o seu status como un fabricante de automóbiles, principalmente de estrada, Alta foi de feito o primeiro construtor británico en producir un novo coche de Gran Premio tralo fin da Segunda Guerra Mundial. As limitacións das materias primas non detiveron a Taylor para comezar a produción dos deseños que estivera desenvolvendo ao longo dos anos da guerra, e os coches Alta de GP apareceron en 1948. Tamén reiniciou a produción de coches deportivos para estrada, aínda que sen fondos para o desenvolvemento, a popularidade destes modelos reduciuse rapidamente.

O primeiro coche forneceuse ao piloto privado George Abecassis, que competiu ao longo de 1948 e en 1949, pero só terminou unha vez. Abecassis pasaría a utilizar os motores de Alta para motorizar o equipo HWM de 1951 a 1955.

Fixéronse modificacións na carrocería e o cambio de marchas para os posteriores vehículos de GP2 e GP3 de 1949 e 1950. Unha vez máis construíronse baixo pedido, e fornecéronse para Geoffrey Crossley e Joe Kelly, respectivamente. Crossley participou co GP2 no Gran Premio de Bélxica de 1949, pero só puido ser sétimo. Kelly concentrouse sobre todo nas carreiras irlandesas, e o seu mellor resultado foi o terceiro posto no Trofeo Ulster de 1952. Ambos pilotos participaron co seu respectivo chasis no Gran Premio do Reino Unido de 1950, a primeira carreira na historia do Campionato Mundial de Fórmula 1. Pero, aínda que Kelly terminou, non se clasificou; Crossley retirouse por unha falla da transmisión.

Alta F2[editar | editar a fonte]

Un F2 Alta sen capó

Ao carecer do financiamento necesario para desenvolver un Fórmula Un sucesor do GP, Taylor decidiu pasarse á categoría da Fórmula 2. O motor era un 1970 cc con 4 cilindros en liña, de aspiración natural, desenvolvendo en torno a 130 CV. Por desgraza, o deseño do chasis do Alta tiña un exceso de peso e tendo en conta a reducida potencia dispoñible dos motores non sobrealimentados fixo que os bos resultados foran difíciles de conseguir.

O Alta F2 participou en varias carreiras do Campionato Mundial, primeiro no Gran Premio de Francia de 1952, e no Gran Premio do Reino Unido de 1952. Non lograron puntuar, pero non ía ser a última vez que o nome de Alta aparecera na Fórmula Un.

Alta provedor de motores[editar | editar a fonte]

Unha motor Alta 4 en liña, instalado nun coche Connaught Tipo C de Fórmula Un de 1959.

Os motores Alta xa foran utilizados polo equipo HWM desde 1949, e desde 1953 moitos máis mecánicos achegáronse a coñecer a planta de motores de Taylor. Peter Whitehead liderou o camiño quitando o motor do F2/5 e instalándoo nun chasis do Cooper T24, que correu no Gran Premio do Reino Unido de 1953. Tamén ese día estiveron presentes en Silverstone nada menos que catro coches HWM con motores Alta. HWM lograra o ano anterior, a que foi a única vitoria significativa de Alta, cando Lance Macklin gañou en 1952 o Trofeo Internacional BRDC en Silverstone. Nos seguintes anos os motores Alta de 1.5L e 2.5L atoparían o seu camiño en moitos aspirantes á F1 de fabricación británica, os máis exitosos das cales eran Connaught e Cooper. En última instancia, o motor podía chegar a ser capaz de conseguir aproximadamente 240 CV. Co colapso de Connaught en 1959, o nome de Alta desapareceu da Fórmula Un.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8
1950 Privado Alta GP Alta L4s D GBR MON 500 SUI BEL FRA ITA
Flag of the United Kingdom.svg Geoffrey Crossley Ret 9
Flag of Ireland.svg Joe Kelly NC
1951 Privado Alta GP Alta L4s D SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP
Flag of Ireland.svg Joe Kelly NC
1952 Peter Whitehead Alta F2 Alta L4 D SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA
Flag of the United Kingdom.svg Peter Whitehead Ret
Flag of the United Kingdom.svg Graham Whitehead 12

Antes de 1958 non se disputaba o Campionato Mundial de Construtores, polo tanto non se outorgaban puntos aos construtores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alta Car and Engineering Company

Ligazón externas[editar | editar a fonte]

  • Felix Muelas, Mattijs Diepraam and Terry Walker Geoffrey Taylor's brainchild, 8W, November 1999.
  • Felix Muelas, Complex mind, complex output, 8W, November 1999.
  • Felix Muelas, A stylist on tarmac and paper, 8W, February 2000.
  • Jikku George, The very first World Drivers Championship, 8W, January 2005.