Gran Premio de Portugal
O Gran Premio de Portugal (Grande Premio de Portugal) foi unha carreira automovilistica que se celebraba fai varios anos, sobre todo na década de 1950 e logo na década de 1980 e 90. Foi unha carreira de Fórmula Un entre 1958 e 1960 e entre 1984 e 1996.
A primeira carreira levouse a cabo no circuíto urbano de Boavista de Porto o 17 de xuño de 1951, como unha carreira de prototipos. O Gran Premio foi trasladado a Monsanto Park, en Lisboa, en 1954, como un feito illado. A primeira carreira de Fórmula Un levouse a cabo en 14 agosto de 1958 en Boavista, seguida en 1959 por o Gran Premio de Monsanto, volvio a Boavista, en 1960, logo do cal terminouse.
O nome foi resucitado para unha carreira de coches deportivos de velocidade no circuíto urbano de Cascais en 1964. Os dous anos seguintes, foi unha carreira de Fórmula Tres.
As bases para o regreso do Gran Premio de Portugal plantáronse coa inauguración do Autódromo do Estoril en 1972. OGran Premio de Estoril levouse a cabo como unha carreira do Campionato de Europa de Fórmula Dúas durante a década de 1970. O 21 de outubro de 1984 regresou a Portugal o calendario de F1, onde Alain Prost gañou a carreira pero non puido gañar o campionato por medio punto. En 1985, o Gran Premio trasladouse ao 21 de abril e dispútase baixo unha intensa choiva, as condicións ideais para que Ayrton Senna gañase a súa primeira carreira. Desde 1986, a carreira levouse a cabo no que se convertería na súa data tradicional, na penúltima semana de setembro.
Logo da morte de Senna e Roland Ratzenberger en Imola en 1994, a pista de Estoril foi cambiada, cunha nova chicane construída no lugar da curva "tanque", pasándose a chamar "chicane Gancho", como medida de seguridade. Estoril considerábase unha pista insegura e obsoleta, e o último Gran Premio de Portugal foi en Estoril o 22 de setembro de 1996, con Jacques Villeneuve como o gañador. Estoril foi planeado para ser a carreira final da tempada de 1997, pero as melloras no circuíto non se terminaron a tempo, polo que foi substituído polo Gran Premio de Europa, que se celebrou en Xerez, España.
O 4 de abril de 2009 Max Mosley declarou que en base á calidade do circuíto do Autódromo Internacional do Algarve, o Gran Premio de Portugal podería ser integrado no campionato de Fórmula Un, a condición de lograr un acordo comercial coa Formula One Management.
Índice |
Os gañadores do Gran Premio de Portugal [editar]
Gañadores múltiples (pilotos) [editar]
| Nº de vitorias | Piloto | Tempada |
|---|---|---|
| 3 | 1984, 1987, 1988 | |
| 1986, 1990, 1992 | ||
| 2 | 1958, 1959 |
Gañadores múltiples (construtores) [editar]
Os equipos en negra están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
| Nº de vitorias | Construtor | Tempada |
|---|---|---|
| 7 | 1951, 1952, 1953, 1954, 1964, 1989, 1990 | |
| 6 | 1986, 1991, 1992, 1994, 1995, 1996 | |
| 3 | 1959, 1960, 1965 | |
| 1984, 1987, 1988 | ||
| 2 | 1955, 1957 |
Por tempada [editar]
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.