Reims-Gueux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reims-Gueux
Plano do Circuíto
Circuit Reims-Gueux.png
Datos
Carreiras
Localización Francia Reims, Francia
Lonxitude 8´302 km
Curvas 7
Volta rápida (1966) 2:11,3
Piloto Record Lorenzo Bandini
Escudería Record Ferrari
Coordenadas 49°15′15″N 3°55′51″E / 49.25417°N 3.93083°E / 49.25417; 3.93083
Vista do Circuíto
Esquema do circuíto de Reims-Gueux de 1926 a 1951

Reims-Gueux é un circuíto de carreiras semipermanente situado ao suroeste da cidade de Reims, Francia. Xa que as estradas eran case rectas, alcanzábanse altísimas velocidades máximas, o que levou aos organizadores a tallar árbores e demoler casas para mellorar as zonas de escape.

Reims-Gueux albergou en anos alternos o Gran Premio de Francia entre as tempadas 1950 e 1966 da Fórmula 1. Outras carreiras disputadas no circuíto inclúen o Gran Premio da Marne, o Gran Premio da ACF, as 12 horas de Reims, e varias datas de Fórmula 2 e Fórmula 3.

Orixinalmente, o trazado compúñase das estradas RN31, CD26 e CD27 que conectaban as localidades de Thillois e Gueux. En 1952, o percorrido modificouse totalmente: deixouse de pasar polo pobo de Gueux e reduciuse a extensión a 8,3 km.

Foi pechado definitivamente en 1972 por dificultades financieiras.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Reims-Gueux[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1950 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 2:57:52,800 h 7´815 km 64 168´707 km/h 2. Xullo Francia Francia
1951 Italia Luigi Fagioli

Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio

Alfa Romeo 3:22:11,000 h 7´816 km 77 178´600 km/h 1. Xullo
1953 Flag of the United Kingdom.svg Mike Hawthorn Ferrari 2:44:18,600 h 8´347 km 60 182´881 km/h 5. Xullo
1954 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Mercedes 2:42:47,900 h 8´302 km 61 186´644 km/h 4. Xullo
1956 Flag of the United Kingdom.svg Peter Collins Ferrari 2:34:23,400 h 8´302 km 61 196´809 km/h 1. Xullo
1958 Flag of the United Kingdom.svg Mike Hawthorn Ferrari 2:03:21,300 h 8´302 km 50 201´905 km/h 6. Xullo
1959 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari 2:01:26,500 h 8´302 km 50 205´086 km/h 5. Xullo
1960 Flag of Australia.svg Jack Brabham Cooper-Climax 1:57:24,900 h 8´302 km 50 212´119 km/h 3. Xullo
1961 Italia Giancarlo Baghetti Ferrari 2:14:17,500 h 8´302 km 52 192´880 km/h 2. Xullo
1963 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax 2:10:54,300 h 8´302 km 53 201´676 km/h 30. Xuño
1966 Flag of Australia.svg Jack Brabham Brabham-Repco 1:48:31,300 h 8´302 km 48 220´322 km/h 3. Xullo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reims-Gueux Modificar a ligazón no Wikidata