Motor de catro cilindros en liña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «4 en liña»)
Imaxe xerada por ordenador que mostra as principais partes internas en movemento dun motor catro en liña con transmisión por correa, dobre árbore de levas e catro válvulas por cilindro.

Un motor de catro cilindros en liña é unha configuración de motor de combustión interna na que catro cilindros están dispostos nunha soa fila. Pode ser montado lonxitudinalmente ou transversalmente, con cilindros e pistóns verticais, ou ata parcialmente inclinado ou en posición horizontal. Hoxe é a configuración de motor utilizada na maioría dos automóbiles de ata 2´2 litros de cilindrada. O límite «práctico» para os motores de catro cilindros de catro tempos é de ao redor de 2´5 litros. Con todo, malia que existen motores de ciclo Otto cuxo límite é o mencionado, existen casos de motores de ciclo diésel cunha cilindrada que chega ou ata excede os 3´0 litros. Unha variante desenvolvida no século XXI foi o motor de cinco cilindros en liña de 2´5 litros, que neste caso, posúe unha distribución e desempeño equivalentes a un motor 2´0 litros de catro cilindros en liña. Este motor comezou a ser empregado por firmas como Honda, Volkswagen ou Mercedes-Benz entre outras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]