Porsche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porsche AG
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1931
Matriz Grupo Volkswagen
Localización Stuttgart, Alemaña Alemaña
Fundador Ferdinand Porsche
Ferry Porsche
Persoas clave Martin Winterkorn
Ferdinand Piëch
Industria Automóbil
Produtos Automóbil
Número de empregados 15.307 (31 de decembro de 2011)
Páxina web porsche.com


Porsche AG é unha empresa alemá fabricante de automóbiles, especializada no sector dos coches deportivos. Fundada en 1931 polo enxeñeiro austrohúngaro Ferdinand Porsche e o seu fillo Ferry, a empresa ten a súa sede na cidade de Stuttgart.

En 1999 Ferdinand Porsche foi nomeado Enxeñeiro Automobilístico do Siglo XX a título póstumo.

Historia[editar | editar a fonte]

Fábrica de Porsche en Stuttgart
Panzerjäger Tiger deseño de Porsche

Ferdinand Porsche nado o 3 de setembro de 1875 en Maffesdorf (entonces Austria, hoxe República Checa) morto o 30 de xaneiro de 1951. Dende novo estivo interesado na electricidade e nos coches eléctricos. Traballou en ABB. En 1900 presentou na Exposición de París un coche eléctrico con catro motores eléctricos, un en cada roda. Esta idea aínda se emprega hoxe en coches eléctricos e nos trens eléctricos para producir electricidade ao frenar.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Ferdinand Porsche, xunto co seu fllo Ferry e o xenro Anton Piëch (avó de Ferdinand Piëch e futuro presidente de VW), foron detidos e encarcelados nun presidio medieval en Dijon, Francia, por ter colaborado cos nazis e por empregar man de obra esclava na súa fábrica de Nibelungenwerke onde producía vehículos militares.

Ferdinand e Piëch estiveron no cárcere dous anos sen ser xulgados. Durante esta estancia no cárcere, foi obrigado a traballar en deseños para Renault, do que sairía o futuro modelo 4CV.

Cronoloxía dos modelos[editar | editar a fonte]

Data Serie Descrición Imaxe

Serie de autos deportivos con motor bóxer[editar | editar a fonte]

1948 – 1965 Porsche 356 Primeiro coche de produción de Porsche, e un antepasado directo do Porsche 911. Foi vendido como 356, 356 A, 356 B, 356 C Porsche 356A-1600 AH-85-54.JPG
1954 – 1956 Porsche 550 Un dos coches de carreiras desenrollado a partires do Porsche 356, vendeuse en pequenas series aos clientes. Porsche 550 Spyder.jpg
1964 – 1989 Porsche 911 Mítica serie e a máis coñecida da produción de automóbiles deportivos de Porsche. Foi presentado no Salón do Automóbil de Francfort en 1963, por primeira vez como Porsche 901. O novo Porsche 901 ao final pasou a chamarse 911 debido a que Peugeot tiña (e aínda ten) reservados os números de tres cifras con un cero no medio para nombrar os seus modelos. 1969 silver Porsche 911E coupé Auto Salon Singen Germany.jpg
1965 – 1969 e 1976 Porsche 912 Versión máis económica da 911 cun motor de catro cilindros do 356 SC, o motor tiña 5 cabalos menos. O 912 foi substituído polo do 914 en 1970. Porsche 912 1966.jpg
1970 – 1976 Porsche 914 O VW-Porsche 914 foi feito en colaboración con Volkswagen. Ofreuse o 914/4 con catro cilindros, ou baixo o nome de 914/6 co motor de seis cilindros de 911 T. Construíronse un total de 115.646 coches do 914/4 e 3.360 coches do 914/6. VW-Porsche-914.jpg
1971 Porsche 916 O Porsche 916 baséase no 914/6 con motor de seis cilindros do 911S ou o 2.7 do Carrera RS. Construíronse soamente un total de 11 coches 916. Porsche916-rear.jpg
1975 – 1989 Porsche 930 Máis coñecido como «911 Turbo» foi o primeiro modelo Porsche con motor turbo. Ofreceuse en cupé, descapotable e targa. 12-01-03-autostadtl-by-RalfR-79.jpg
1987 – 1988 Porsche 959 Baseado no 911 e do Gruppe-B-Studie a partires de 1983. O primeiro superdeportivo de Porsche xurdíu a partires de aplicacións de carreiras. 337 unidades foron fabricadas ao prezo exclusivo de 560.000 marcos alemáns, (200.000 dólares). PAG959.JPG
1988 – 1993 Porsche 964 Contiña moitos elementos do Porsche 959. Por primeira vez, houbo un 911 de catro rodas motrices, o Carrera 4, con tecnoloxía tamén resultado do 959. O 964 tivo numerosas variantes de carrocería. Porsche 964 front 20080515.jpg
1993 – 1998 Porsche 993 O Porsche 993 foi a última versión do 911 con motor bóxer refrixerado por aire. O fin da súa produción marcou a final dos Porsche refrixerados por aire, dándolle un lugar especial nas mentes e nos corazóns dos fans. Seguindo a tradición, Porsche construíu o coche en diversas variacións de carrocería e modelos. Os espartanos Carrera RS e GT2 foron específicamente para a competición. White Porsche 993 turbo coupé.jpg
1997 – 2006 Porsche 996 Nunha carrocería totalmente nova dos «911» foi instalado agora un motor refrixerado por auga. Os modelos: Carrera, Carrera 4 e Carrera 4S e as versións cabriolé e Targa, así como Turbo, Turbo S (ambos modelos en cabriolé) e Porsche 911 GT2, 911 GT3, así como unha homologación limitada do 911 GT3 RS, do que venderon preto de 300 unidades. 1999C4SCab.JPG
2004 – 2012 Porsche 997 O actual Porsche 911. Dispoñible en Carrera, Carrera S, Carrera 4, Carrera 4S, Targa 4, Targa 4S, Turbo GT3, GT3 RS, GT2 e GT2 RS. Tódolos modelos excepto os GT3, GT3 RS, GT2 RS e GT2, e os modelos Targa estaban tamén dispoñibles como cabriolé. Porsche911997.jpg
2011 – presente Porsche 991 A séptima xeración do 911 presentouse en setembre de 2011 no Salón do Automóbil de Fráncfort. Porsche 991 silver IAA.jpg
1996 – 2004 Boxster Tipo 986 A primeira versión do Porsche Boxster. O coche tiña unha Configuración automotriz de motor central-traserio tipo bóxer con 6 cilindros, ofreciuse só cun roadster. Boxster 986.jpg
2004 – presente Boxster Tipo 987 A versión máis recente do Boxster, saliu ao mercado o 27 de novembro de 2004. Porsche Boxster S - Flickr - The Car Spy (3).jpg
2005 – presente Porsche Cayman Está baseado no Porsche Boxster e está no mercado dende novembro de 2005 como Cayman S. A diferenza da 911 o Cayman é un cupé biplaza puramente deportivo. Dende o outono de 2006, ofrécese outra versión do Cayman. Porsche Cayman S.jpg

Serie de autos deportivos con motor en liña[editar | editar a fonte]

1976 – 1988 Porsche 924 O coche foi deseñado orixinalmente como o sucesor do VW-Porsche 914 desenrolado para Volkswagen e Audi proporcionárono inicialmente cun motor modificado. 924 S.JPG
1979 – 1982 Porsche 931 O Porsche 931 foi vendido co nome de «Porsche 924 Turbo» na década de 1980. Porsche 932 and 924 S.jpg
1981 Porsche 937 Véndese como «Porsche 924 Carrera GT», que encarna a versión de carreiras homologado para a circulación do Porsche 924 Carrera GTR. Este coche foi homologado para carreiras Grupo B. Porsche 2009 49 (RaBoe).jpg
1981 – 1991 Porsche 944 Este modelo, co 911 na década de 1980 xenerou máis ingresos. A carrocería é a do Porsche 924, pero os guardabarros ampliáronse para que parecérase ao 924 Carrera GT. Porsche 944s.jpg
1985 – 1991 Porsche 951 O Porsche 951 comercializouse como un «Porsche 944 Turbo». Este coche foi o modelo mais alto da serie 944. 1987 Porsche 944 Turbo.JPG
1992 – 1995 Porsche 968 O 968 convertiuse no modelo final dunha liña de evolución de case 20 anos ca introdución do Porsche 924 rematado co Turbo S, RS Turbo e Turbo RS Lemans, que son tres versións distintas do 968. Porsche 968 front 20071004.jpg

Serie de autos deportivos con motor en V [editar | editar a fonte]

1977 – 1995 Porsche 928 O modelo de Porsche que debera sustituir ao 911. Este coche é un dos de Gran Turismo. Tiña motor V8 e foi construído ata 1995. O primeiro modelo máis alto da gama foi o 928 GTS. 1987 Porsche 928 S4 - Flickr - The Car Spy (21).jpg
2003 – 2006 Porsche Carrera GT O Porsche Carrera GT é un automóbil superdeportivo con motor central-traseiro / tración traseira e carrocería descapotable de dúas portas e dúas plazas. O Carrera GT foi designado como o coche máis rápido do ano 2005. 2007-06-15 07 Porsche Carrera GT (kl).jpg
2013 → Porsche 918 O prototipo do automóbil deportivo do 918 Spyder foi mostrado por primeira vez na edición número 80 do Salón do Automóbil de Xenebra en marzo de 2010. O lanzamento está previsto para 2013 co nivel de prezos de Porsche Carrera GT (450.000 euros) ao que substitúe. Porsche 198 RSR - Flickr - J.Smith831.jpg

Serie de berlina de luxo co motor en V [editar | editar a fonte]

2009 – presente Porsche Panamera Esta berlina deportiva de luxo con catro portas está dispoñible dende o ano 2009. A montaxe final dos vehículos faise en Leipzig. Os motores móntanse en Stuttgart, e o pintado da carrocería nas instalacións de Volkswagen en Hannover. Porsche Panamera 4S front 20100428.jpg

Vehículo deportivo utilitario[editar | editar a fonte]

2002 – 2010 Porsche Cayenne I É o primeiro modelo de Vehículo deportivo utilitario (SUV) de Porsche de produción en serie. Dispoñible en Cayenne, Cayenne Diesel, Cayenne S, Cayenne S Hybrid, Cayenne Turbo e o Cayenne GTS (presentado no 2007). Baseado nunha plataforma común cos actuais Audi Q7 e Volkswagen Touareg. Porsche Cayenne 3.2 V6 - Flickr - The Car Spy (24).jpg
2010 – presente Porsche Cayenne II O sucesor do Cayenne I. Dispoñible en cinco motorizacións: 3.6 litros V6, un V8 de 4.8 litros, un V8 de 4.8 litros no Cayenne Turbo, un diésel de 3 litros e a versión híbrida para el Cayenne S terá un motor 3.0 V6 de 333 cv acompañado dun motor eléctrico de 52 cv. Cayenne Hybrid.JPG

Modelos actuais[editar | editar a fonte]

Actualmente Porsche comercializa cinco modelos de coches: un descapotable, un cupé, un deportivo, un todoterreo e unha berlina.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porsche

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]