AVUS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AVUS
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Alemaña Berlín, Alemaña
Lonxitude 8´300 km
Curvas 4
Volta rápida (1959) 2:04.5
Piloto récord Tony Brooks
Escudería récord Ferrari
Coordenadas Coordenadas: 52°28′50″N 13°15′05″L / 52.480555555556, 13.251388888889
Vista do Circuíto
Vista do AVUS desde a torre de radio Berlín


O AVUS siglas de Automobil-Verkehrs- und Übungs-Straße («Estrada de tráfico e formación de automóbiles») é un autódromo situado ao sueste de Berlín, Alemaña. Composto por dúas longas rectas conectadas por dúas pinzas, actualmente atópase inactivo desde 1998 e forma parte da Autobahn A115.

Circuíto[editar | editar a fonte]

O proxecto do circuíto, a cargo do Automóbil Club de Alemaña, xurdiu no ano 1907. Logo de varias demoras por problemas de financiamento, o AVUS inaugurouse en setembro de 1921. O AVUS albergou o primeiro Gran Premio de Alemaña, disputado con automóbiles de Gran Turismo no ano 1926.

Orixinalmente, a pista compúñase de dúas rectas unidas por dúas curvas amplas e chatas, que se circulaba en sentido antihorario. Pero dado o enfrontamento entre os circuítos de AVUS e Nürburgring, a curva norte foi redeseñada en 1937 ao agregarse un peralte de 43º. Debido a que non había ningunha barreira na parte superior, moitos pilotos de carreiras morreron ao perder o control do seu vehículo e voar por encima do muro. Durante o goberno nacionalsocialista alemán, a curva sur foi demolida para unir ambas as rectas á rede de autoestradas.

Logo da segunda guerra mundial, volveuse a correr no AVUS nunha versión reducida a 8.300 metros. A Fórmula 1 competiu por única vez nese lugar o Gran Premio de Alemaña de 1959, pois o circuíto de Nürburgring estabase a remodelar. Despois de que varios pilotos sufrisen accidentes na curva norte, esta tamén se demoleu en 1967. Desde entón e ata 1998, o AVUS albergou carreiras do Deutsche Tourenwagen Meisterschaft e a Fórmula 3 alemá en versións do trazado recortadas, con chicanes e curvas sen peraltes.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do AVUS[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1959 Tony Brooks Ferrari 2:09:31.6 h 8´299 km 60 230´686 km/h 2. agosto Alemaña Alemaña

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]