Circuíto de Pedralbes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Pedralbes
Plano do Circuíto
Circuit Pedralbes.png
Datos
Carreiras
Localización España Barcelona, España
Lonxitude 6´316 km
Curvas 6
Volta rápida (1951) 2:16.93
Piloto Record Juan Manuel Fangio
Escudería Record Alfa Romeo
Coordenadas 41°23′25″N 2°7′0″E / 41.39028°N 2.11667°E / 41.39028; 2.11667
Vista do Circuíto

O Circuíto de Pedralbes é un circuíto de carreiras urbano situado nas rúas do barrio de Pedralbes de Barcelona, España, no que se celebraron carreiras de motocicletas e de automóbiles entre 1946 e 1955. Foi o primeiro circuíto español no que se celebraron carreiras de Fórmula 1.

Tiña unha lonxitude de 6.316 metros. Estaba delimitado polas rúas Avenida do Generalísimo Franco (actual Avenida Diagonal), Numancia, Paseo Manuel Girona, Avenida da Victoria (actual Avenida de Pedralbes) e estrada de Cornellà a Forgas de Tordera (actual Avenida de Esplugues).

Acolleu dous grandes premios de Fórmula 1, en 1951 e 1955.

O desastre ocorrido no circuíto da Sarthe en 1955 provocou un troco nas medidas de seguridade dos circuítos que obrigou a clausurar o circuíto de Pedralbes. Barcelona concibiu entón outro circuíto urbano en Montjuic, o circuíto de Montjuic.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Pedralbes[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1951 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 2:46:54.10 h 6´316 km 70 158´939 km/h 28. Outubro España España
1954 Flag of the United Kingdom.svg Mike Hawthorn Ferrari 3:13:52.1 6´316 km 80 156´378 km/h 24. Outubro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]