Gran Premio de Suíza
O Gran Premio de Suíza (en francés: Grand Prix de la Suisse, Alemán: Grosser Preis von der Schweiz) foi a primeira carreira de automóbil de Suíza. Nos seus últimos anos foi unha carreira de Fórmula Un.
O Gran Premio de automobilismo comezou en Suíza en 1934, no Circuíto Bremgarten, situado nos arredores da cidade de Bremgarten, preto de Berna. O Gran Premio de Suíza contou para o Campionato de Europa de 1935 a 1939.
A pista de Bremgarten mantivose como sede do Gran Premio de Suíza ata 1954, en 1948 designouse como o Gran Premio de Europa, nun momento en que este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa. A posibilidade de volver como proba do campionato do mundo foi eliminada en 1958, cando o automobilismo foi prohibido polo Goberno suízo, por consideralo un deporte inseguro para os espectadores tras a morte de 80 persoas na carreira de Le Mans de 1955. O Gran Premio de Suíza regresou en 1975 como Gran Premio non de Campionato ao outro lado da fronteira, no Circuíto de Dijon-Prenois, en Francia. O último Gran Premio de Suíza foi unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un en 1982, tamén se celebrou en Dijon.
O 06 de xuño 2007 o Parlamento suízo votou a favor de levantar a prohibición das carreiras de circuíto en Suíza, votaron 97 a favor e 77 en contra. Con todo, a lexislación non foi ratificada posteriormente polo Consello suízo dos Estados (Sénat) e a prohibición en realidade é moi pouco probable que se levante.
Os gañadores do Gran Premio de Suíza [editar]
- As carreiras, que non formaban parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un indícanse cun fondo de cor rosa.
- Un fondo crema indica que a carreira foi parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
| Ano | Piloto | Construtor | Circuíto | Resultados |
|---|---|---|---|---|
| 1982 | Williams-Ford | Dijon (Francia) | Resultados | |
| 1981 - 1976 |
Non celebrado | |||
| 1975 | Ferrari | Dijon (Francia) | Resultados | |
| 1974 - 1955 |
Non celebrado | |||
| 1954 | Mercedes | Bremgarten | Resultados | |
| 1953 | Ferrari | Bremgarten | Resultados | |
| 1952 | Ferrari | Bremgarten | Resultados | |
| 1951 | Alfa Romeo | Bremgarten | Resultados | |
| 1950 | Alfa Romeo | Bremgarten | Resultados | |
| 1949 | Ferrari | Bremgarten | Resultados | |
| 1948 | Alfa Romeo | Bremgarten | Resultados | |
| 1947 | Alfa Romeo | Bremgarten | Resultados | |
| 1946 - 1940 |
Non celebrado | |||
| 1939 | Mercedes-Benz | Bremgarten | Resultados | |
| 1938 | Mercedes-Benz | Bremgarten | Resultados | |
| 1937 | Mercedes-Benz | Bremgarten | Resultados | |
| 1936 | Auto Union | Bremgarten | Resultados | |
| 1935 | Mercedes-Benz | Bremgarten | Resultados | |
| 1934 | Auto Union | Bremgarten | Resultados | |