Jaguar Cars
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jaguar Cars Limited é un fabricante británico de automóbiles. Fundado en 1922 como «Swallow Sidecar Company» por William Lyons, foi renomeado Jaguar Cars despois da Segunda Guerra Mundial polas connotacións desafortunadas das iniciais, SS. A compañía actualmente pertence a Tata Motors, unha empresa da India. O Jaguar é coñecido polas súas luxosas berlinas e os seus automóbiles deportivos, segmentos do mercado nos que estivo dende os anos 1930.