Baiona, Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baiona Bayonne / Baiona
Bayonne flag.svg Blason Bayonne.svg
Bandeira Escudo
Información
País Francia Francia
Rexión Flag of Aquitaine.svg Aquitania
Departamento Drapeau pyreneesatlantiques.svg Pireneos Atlánticos
Superficie 21,68 km2
Poboación 45.636 hab. (2009)
Densidade 2.104,98 hab./km²
Alcalde Jean Grenet (UMP)
Bayonne13.jpg

Vista da cidade

Baiona (en francés: Bayonne; en éuscaro e gascón: Baiona) é unha cidade do suroeste de Francia, situada na confluenza dos ríos Nive e Adour, no departamento dos Pireneos Atlánticos da que é unha das súas subprefeturas, formando parte da provincia histórica vascofrancesa de Lapurdi en Iparralde. A súa poboación é do contorno dos 46.000 habitantes.

Linguas[editar | editar a fonte]

Baiona está na fronteira lingüística entre o gascón e o éuscaro. Aos comezos da Idade Antiga formaba parte do dominio do vasco, do mesmo xeito que gran parte da Gascuña, pero coa romanización van pasar ao dominio do latín que deu en transformarse no gascón, o dialecto occitano máis influido polo vasco. Desde finais do XVIII a cidade medrou converténdose nun centro industrial e portuario. Virouse en capital económica do territorio de Lapurdi e de boa parte do País Vasco Francés, atraíndo moita inmigración vasca pasando o éuscaro a destacar sobre o occitano alí falado, ambas linguas moi minorizadas na actualidade polo francés.

Fernando VII, Napoleón e os sucesos de 1808[editar | editar a fonte]

O 20 de abril chega a Baiona, Fernando VII, onde é esperado por Napoleón; co pretexto de que Francia recoñeceríao coma rei e, con iso tería a concisión do matrimonio co que garantía a seguridade de España na primeira entrevista que tivese co emperador. Condúcese o novo flamante rei ante o emperador francés para que confirme coa súa presenza de que España seguirá a ser aliada de Francia baixo o seu reinado, como dende o primeiro pacto de familia. Pero cando chega entérase das intencións de Napoleón: a cambio da cesión da coroa española, o emperador francés chégalle a ofrecer o reino de Etruria, un ano de renda neste mesmo reino, unha das súas sobriñas en casamento e, no caso de que morrese sen ter fillos, a sucesión establecida por liña masculina dos principes irmáns. Fernando VII non quere estas esixencias, pero atópase retido en chan francés. O 30 de abril, Carlos IV e mais a súa dona, María Luisa, chegan a Baiona, onde se xuntan co "Principe da Paz" (Manuel Godoy), chegado dende Villaviciosa. A chegada de Carlos IV fai cambiar os os asuntos por completo que lle interesan a Napoleón. Xa non necesita para a nada a Fernando VII. Tendo protestado Carlos IV contra a súa abdicación, o deber do Príncipe de Asturias consiste en devolverlle a coroa.

Dende o 5 ao 10 de maio; atraída a familia real española a Baiona por Napoleón I con fin de amañar o litixio nado tralo Motín de Aranjuez, producirase un cambio na dinastía española; cuxa substitución (da dinastía española) era proposta por Napoleón. O día 5 logrou a abdicación de Carlos IV na súa persoa e o 6 a renuncia de todos os seus dereitos do resto da familia española real.

O 10 de maio Fernando VII abdica da coroa española en favor de Napoleón; a presión exercida por este, xunto cunha carta (non moi grata) de seu pai, Carlos IV e as ameazas de facer xulgar coma rebeldes os seus conselleiros, producen un efecto rápido. O renovado principe Fernando remite a súa renuncia pura e simple ao rei Carlos IV; polo que este non tarda de cumprir os designios de Napoleón, e nomea de inmediato o gran duque de Berg (o entón mariscal Murat) coma lugartenente xeral do reino. De seguido prodúcese a abdicación de Napoleón, que non tarda en presentar a Fernando, os seus irmáns e o seu tío a petición para que renuncien todo o dereito da coroa española.

O 8 de xullo unha comisión de 150 homes reunidos en Baiona formou un grupo ao que se lle deu o nome de "Xunta Nacional"; dá o seu informe (non vinculante) a unha constitución para España (que podería ser a primeira do país); tomando coma inspiración a francesa do 1799 que, ademais incluía outras disposicións do imperio con adaptación a certas suxestións presentadas. A Xunta leva feitas 12 sesións antes da derradeira aprobatoria; polo que en ningunhas destas sesións asistiron, apenas, o 90 % dos membros. Napoleón quixo adiantarse desa forma a unha posible convocatoria nas Cortes de España. Os participantes tiñan variada procedencia: un terzo de eclesiásticos e 35 deputados (de diferentes cidades; de España coma dos seus antigos tres estamentos do reinado español). Segundo rezaba a Constitución de Baiona, "De orde do noso señor moi caro e moi amado irmán Napoleón [....] temos decretado e decretamos a presente constitución para que se garde coma lei fundamental dos nosos Estados e coma base o pacto que une os nosos pobos con Nos, e a Nos cos nosos pobos", con estas palabras remataba a derradeira sesión na que se deu visto e prace á constitución de cara a España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Baiona

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]