Río da Groba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río da Groba
NacementoSerra da Groba
DesembocaduraA Ramallosa

O río da Groba é un curso fluvial galego que discorre polo concello pontevedrés de Baiona. Nace e discorre pola serra da Groba, e desemboca na zona especial de conservación (ZEC) da Ramallosa, xunto cos ríos Miñor e Guillade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Nas súas beiras hai unha fraga mesta e silenciosa, na que abundan moitas aves.[1] Atravesa as parroquias de Belesar e Santa Cristina da Ramallosa. Ademais pasa polo núcleo de Sabarís, no que se construíu a Ponte Vella.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concellería de Turismo - Concello de Baiona. "Monte da Groba". Consultado o 14/11/2014. 
  2. Concellería de Turismo - Concello de Baiona. "Ponte vella de Sabarís". Consultado o 14/11/2014. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.