Val Miñor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca do Val Miñor
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área143,8 km²
Poboación43999 hab. (2014)
Concellos Baiona
Gondomar
Nigrán
Esteiro do río Miñor, co monte Lourido e praia América detrás.

O Val Miñor[1][2][3][4][5][6], historicamente Val de Miñor[7], é unha bisbarra natural, formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Abrangue unha superficie total de 143,75 km², que sumaba en 2022 unha poboación de 45 373 habitantes.

Os concellos conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.

Topónimo histórico: Val de Miñor[editar | editar a fonte]

Segundo Gonzalo Navaza,[7] Val de Miñor é a forma tradicional e orixinal para se referir a esta bisbarra.[7] Documéntase dende o século XIII.[7] A forma Val Miñor debe entenderse como unha regaleguización da forma deturpada e castelanizada Valle Miñor, que se espallou grazas á prensa.[7] Dende esta publicación, varias entidades, como o Instituto de Estudos Miñoráns, empregan a forma orixinal Val de Miñor.[8][9]

Secasí, ao carecer de entidade administrativa (na división comarcal de Galicia, os tres concellos pertencen a comarca de Vigo), ningún dos dous topónimos pode denominarse oficial.

Demografía[editar | editar a fonte]

Concello Extensión
(en km²)
Poboación
(en 2022)
Densidade
(hab./km²)
  Baiona 34,47 12 349 358
  Gondomar 74,51 14 970 200
  Nigrán 34,77 18 054 519
Total 143,75 45 373 315
Fonte: Instituto Galego de Estatística.[10]

Descrición[editar | editar a fonte]

Ponte da Ramallosa sobre o río Miñor. Une Sabarís (Baiona) coa Ramallosa (Nigrán).

Debido a expansión da cidade de Vigo, os concellos que formaban o Val Miñor foron absorbidos pola comarca de Vigo a comezos do século XXI. O seu nome débese ao río Miñor. A foz do río é de gran valor ecolóxico especialmente polas súas aves, que son permanentemente rexistradas por numerosos ornitólogos.[6]

Hoxe en día o termo Val Miñor é usado por distintas asociacións comúns aos tres concellos (ás veces dous) de carácter político, empresarial ou cultural, entre outros. Unha das institucións máis representativa é a asociación cultural Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).[4]

Poboación por parroquias [10][cando?][editar | editar a fonte]

Parroquia Concello Poboación
Baiona Baiona 4.788
A Ramallosa Nigrán 4.712
Nigrán Nigrán 3.897
Panxón Nigrán 3.744
Gondomar Gondomar 3.588
Santa Cristina da Ramallosa Baiona 3.246
Priegue Nigrán 2.168
Vincios Gondomar 2.096
Baíña Baiona 1.749
Donas Gondomar 1.458
Camos Nigrán 1.449
Mañufe Gondomar 1.364
Borreiros Gondomar 1.249
Belesar Baiona 1.204
Morgadáns Gondomar 1.199
Parada Nigrán 1.154
Baredo Baiona 1.085
Peitieiros Gondomar 918
Chaín Gondomar 889
Vilaza Gondomar 879
Chandebrito Nigrán 455
Couso Gondomar 416

O Val Miñor na cultura popular[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21 "Miñor, Val": Comarca vizosa do SO galego, cunha extensión de 150 km²...
  2. Enciclopedia Galega Universal "Val Miñor": Comarca natural das Rías Baixas situada ao S da provincia de Pontevedra e ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia...
  3. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada "VAL MIÑOR": Bisbarra natural localizada no cuadrante sudoccidental de Galicia, no contorno do tramo final de costa das Rías Baixas...
  4. 4,0 4,1 "Instituto de Estudos Miñoráns". Estatutos. Artigo 4. Ámbito territorial: O seu ámbito preferente de actividades será a Comarca do Val Miñor e Galicia... 
  5. valminor.info Portal do Val Miñor.
  6. 6,0 6,1 Blog Aves do Val Miñor.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Navaza, Gonzalo (2016). "Miñor: o nome do río e do val" (PDF). Revista do Instituto dos Estudos Miñoráns (14-15): 15–22. 
  8. IEM (2023-09-13). "III CONCURSO FOTOGRÁFICO IEM. Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño.". IEM. Consultado o 2023-09-18. 
  9. Álvarez Blázquez, Xavier (2020). "4 poemas no Val de Miñor". Revista do Instituto de Estudos Miñoráns. 
  10. 10,0 10,1 "Instituto Galego de Estatística". Nomenclátor de Galicia. 
  11. Barzademera, por Barcia de Mera.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Nigrán

Camos (Santa Baia) | Chandebrito (San Xosé) | Nigrán (San Fiz) | Panxón (San Xoán) | Parada (Santiago) | Priegue (San Mamede) | A Ramallosa (San Pedro)