Bandeira Azul
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.
A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, e a Suráfrica, Nova Celandia, Canadá e o mar Caribe. O cumprimento dos criterios Bandeira Azul esixe o cumprimento de normas de calidade da auga, a seguridade, a prestación de servizos xerais e de ordenación do medio ambiente.
Para o ano 2009 Galiza obtivo 124 bandeiras azuis, mentres que o resto do estado obtiña 447, sendo o comunidade con máis bandeiriñas.
No 2008, o Estado español tiña 455 bandeiras, Grecia tivo 430, e Francia 258.